Domingo, 22 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 02 de Febrero de 2020 Tiempo de lectura:
Mos

Recoñecemento do Concello ao Club Xadrez Mos polas 6 medallas no Provincial

O club mosense logrou 1 ouro, 4 pratas e 1 bronce

O Centro Dotacional de Torroso acolleu onte a visita de representantes municipais do Concello de Mos, entre eles a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, a concelleira de Deportes, Begoña Toucedo, e o tamén edil mosense Alberto Méndez, para felicitar e homenaxear ao Club Xadrez Mos polos resultados obtidos nos Campionatos Provinciais de Xadrez 2020, nos que obtiveron 4 pratas, 1 ouro e un bronce; ademais de dúas campioas femininas.

 

A visita produciuse coincidindo cunha xornada da Liga Galega de Xadrez por equipos, que se disputa de xaneiro a abril durante 11 semanas, e na que os clubs xogan unha semana na casa e outra fóra.

 

[Img #60167]

 

O Club Xadrez Mos colidera o medalleiro da Provincia de Pontevedra nos Campionatos Provinciais 2020, empatando a 6 co Fontecarmoa de Vilagarcía. A competición contou con máis de 300 participantes e un total de 46 xogadores e xogadoras do Club Xadrez Mos representaron á localidade mosense, nestes provinciais que se celebraron os pasados 18 e 19 de Xaneiro no Auditorio Municipal de Vilagarcía.

 

Cun total de 6 medallas, un ouro, catro pratas e un bronce, o Xadrez Mos colidera o palmarés na provincia xunto co Fontecarmoa. Nesta ocasión, os xogadores do Club Xadrez Mos clasificados en postos de podio foron: Carlos Pérez Méndez, Subcampión Sub-8, Antonio Villot Lago, 3º Clasificado Sub-10, Alexandre Rodríguez Vieito, Campión Sub-12, Mario Bastos González, Subcampión Sub-12, Sergio Pérez Estévez, Subcampión Sub-14, e Óscar Morais Reixas, Subcampión Sub-18. A pesar da ausencia de recoñecemento feminino, desde o Club Xadrez Mos recoñecen a todas as súas participantes: “Begoña, Maia, Xela, Noa, Carmen, Antía, Alicia, Paula e Sabela. E nesta ocasión, especialmente ás Campioas: Noa Costas Senlle, Campioa Sub-12, e Paula Toucedo Morgadas, Campioa Sub-16”.

 

[Img #60168]

 

Desde a directiva do club destacan que “un ano máis, estamos moi contentos por aumentar a representación mosense na máxima competición a nivel provincial. Non só iso, senón moi orgullosos de ver como todos e todas gozaron do xadrez e mostraron un gran nivel de xogo”. E aseguran sentirse “moi orgullosos desta gran familia que é o Xadrez Mos, do gran traballo que semana tras semana realizan os nosos 46 xogadores e xogadoras, aos que animamos a seguir adestrando, e gozando deste gran deporte que nos une”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.