Vigo
O Plan de Transporte Metropolitano bonificou 3,24 millóns de viaxes na área de Vigo
A Xunta ampliou este mes ata os 21 anos o límite de idade dos beneficiarios da gratuidade do autobús interurbano, que se estenderá a toda a comunidade para fomentar o uso do transporte público e axudar á economía das familias
O Plan de transporte metropolitano de Galicia permitiu bonificar no ano 2019 3,24 millóns de viaxes na área de Vigo e rexistra un 5,95% máis de usuarios que no ano anterior.
O transporte metropolitano nesta área segue a sumar usuarios, e acada no ano 2019 a cifra de 62.407 tarxetas TMG en vigor.
En canto aos núcleos de poboación que rexistran máis dispositivos con viaxes bonificadas, o Concello de Vigo sitúase en primeiro lugar con 22.261 tarxetas de transporte metropolitano, seguido de Cangas, con 13.771, e Moaña, con 6.646. Os concello de Redondela, Nigrán, O Porriño e Baiona, con 5.088, 4.483, 3.229 e 3.687 dispositivos, respectivamente, seguen a senda de crecemento de usuarios beneficiados polas viaxes bonificadas.
Tarxeta Xente Nova
No balance da evolución do transporte metropolitano cabe salientar as 254.432 viaxes en autobús realizadas polos usuarios das 14.239 tarxetas Xente Nova activas, que permitiron aos menores de 19 anos viaxar de xeito gratuíto nos autobuses metropolitanos.
Os mozos que máis viaxes gratuítas realizaron coa tarxeta Xente Nova proceden dos municipios de Vigo, con 5.904 dispositivos e Cangas, con 2.274, aos que lle seguen os rapaces de Moaña e Redondela con 1.542 e de 1.133 dispositivos, respectivamente.
A Xunta ampliou este mes ata os 21 anos o límite de idade dos beneficiarios da gratuidade do autobús interurbano, que se estenderá a toda a comunidade para fomentar o uso do transporte público e axudar á economía das familias.
Transporte rutas Cangas e Moaña
Cómpre facer mención específica tamén á implantación da tarxeta metropolitana no transporte na ría de Vigo, que segue mantendo a interese dos usuarios das rutas Cangas-Vigo e Moaña-Vigo, que no ano 2019 superaron os 1.235.984 viaxeiros. Máis en concreto, no ano 2019 a ruta Cangas-Vigo acadou os 985.350 viaxeiros, e a ruta Moaña-Vigo os 250.634.
Plan social de transporte
O Plan de Transporte Metropolitano é un programa social impulsado pola Xunta que persegue fomentar o uso do transporte publico colectivo ao tempo que axuda, de xeito importante, á economía das familias.
Este plan, que mediante o uso da Tarxeta de Transporte Metropolitano permite importantes descontos, achegando a Xunta de Galicia o 80% do financiamento desas bonificacións no prezo do billete e o conxunto dos concellos o 20% restante.
Bonificacións e incentivos
Cos novos contratos do Plan de Transporte Metropolitano de Galicia as vantaxes do transporte metropolitano se estenderá a toda a provincia, con descontos medios do 50% nas viaxes ou bonificacións adicionais do 15% para usuarios recorrentes e aínda máis se se trata de familias numerosas.
A Xunta, a través do novo plan, activa tamén nos novos contratos bonos mensuais de 50 viaxes e que supoñen rebaixas de ata o 50% no prezo do billete. Neste sentido, existe, polo tanto, un amplo abano de descontos e bonificacións no transporte público.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136