PROVINCIA
Abre o prazo de solicitudes para o programa “Depo en Marcha 2020”
As solicitudes deberán presentarse a través da sede electrónica da Deputación de Pontevedra
A Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Cohesión Social e Xuventude, pon en funcionamento “Depo en marcha 2020”. As bases reguladoras do programa foron publicadas no BOPPO o luns 3 de febreiro e o prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles a partir do día seguinte á súa publicación. As solicitudes terán que presentarse obrigatoriamente mediante medios informáticos a través do formulario normalizado que se atopa dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal).
As bases do programa establecen unha contía consignada que ascende a 189.067,04 euros, 33.000 euros máis que na edición do 2019. Deste xeito, o programa ofrece un total de 130 obradoiros, que poderán verse incrementados en función do prezo da adxudicación por actividade resultante do proceso de licitación que se convoque. Os obradoiros, ademais, terán unha duración de 30 horas e impartiranse en xornadas de entre unha e tres horas á semana. Só poderá concederse un obradoiro por entidade e o procedemento de concesión será o de concorrencia non competitiva.
Os beneficiarios deste programa serán entidades sen ánimo de lucro de persoas maiores, xubiladas e pensionistas
Os beneficiarios do programa serán as entidades sen ánimo de lucro de persoas maiores, xubiladas e pensionistas da provincia de Pontevedra. Como o programa se dirixe principalmente ás persoas de maior idade, para a súa realización, a entidade solicitante deberá acreditar antes do inicio de cada obradoiro que o 70% do alumnado ten 50 ou máis anos no momento da inscrición.
Trátase dun programa que ten como obxectivo favorecer o avellentamento activo a través de obradoiros de actividades que actúan como espazos de encontro e de intercambio de experiencias, evitando así o illamento e as situacións de soidade das persoas maiores. O número máximo de prazas de cada obradoiro virá determinado pola súa especialidade e poderán variar entre 20 e 25, sendo necesario reunir un mínimo de 15 persoas inscritas para poder levar a cabo un destes talleres. O catálogo de obradoiros divídese en oito temáticas: “Traballando coas mans”, “Entre fogóns”, “Aprendendo da natureza”, “Móvete”, “Activando corpo e mente”, “Enredando”, “Dálle marcha” e “En rede”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149