Domingo, 18 de Enero de 2026

Xornal21.es
Martes, 04 de Febrero de 2020 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Un total de 79 centros pontevedreses participan nas iniciativas de voluntariado de lectura

Enmárcanse no programa Bibliotecas Escolares Solidarias

Un total de 79 centros de ensino da provincia de Pontevedra participan este curso 2019/2020 nas iniciativas de Voluntariado de Lectura impulsadas pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Trátase de dúas accións:  Voluntariado na biblioteca escolar (Secundaria) e Voluntariado de lectura-A (Primaria).

 

O obxectivo destas accións, que se enmarcan no programa Bibliotecas Escolares Solidarias, é estimular o voluntariado cultural en relación coas bibliotecas e a lectura entre o alumnado e recoñecer os esforzos das comunidades educativas por conformar bibliotecas escolares inclusivas, que axuden a paliar as desigualdades no acceso ao coñecemento e ao uso dos recursos culturais e de aprendizaxe. O programa desenvólvese en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

 

Voluntariado na biblioteca escolar
Un total de 38 centros da provincia (121 en toda Galicia) participan este curso en Voluntariado na biblioteca escolar, dirixido a centros que imparten ensinanzas de ESO, Bacharelato, FP ou ensinanzas de réxime especial que contan con grupos formalizados de alumnado colaborador.  Os centros son os que se relacionan na seguinte táboa:

Centro

Concello

IES Primeiro de Marzo

Baiona

IES Illa de Ons

Bueu

IES Francisco Asorey

Cambados

IES de Cotobade

Cerdedo-Cotobade

IES Manuel García Barros

Estrada, A

IES Monte da Vila

Grove, O

IES A Sangriña

Guarda, A

IES da Illa de Arousa

Illa de Arousa, A

IES Mestre Landín

Marín

IES de Meaño

Meaño

IES As Barxas

Moaña

IES Val Miñor

Nigrán

IES do Barral

Ponteareas

IES Pedra da Auga

Ponteareas

EOI de Pontevedra

Pontevedra

ES de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia

Pontevedra

IES Gonzalo Torrente Ballester

Pontevedra

IES Sánchez Cantón

Pontevedra

IES Pino Manso

Porriño, O

CPI Domingo Fontán

Portas

IES Mendiño

Redondela

CPI Manuel Suárez Marquier

Rosal, O

IES Pedras Rubias

Salceda de Caselas

IES Plurilingüe Pintor Colmeiro

Silleda

IES Antón Alonso Ríos

Tomiño

IES Indalecio Pérez Tizón

Tui

IES San Paio

Tui

CEE Saladino Cortizo

Vigo

CMUS Superior de Vigo

Vigo

EOI de Vigo

Vigo

IES A Guía

Vigo

IES do Castro

Vigo

IES Valadares

Vigo

IES Marco do Camballón

Vila de Cruces

CEE de Vilagarcía de Arousa

Vilagarcía de Arousa

EOI de Vilagarcía

Vilagarcía de Arousa

IES Castro Alobre

Vilagarcía de Arousa

IES Miguel Ángel González Estévez

Vilagarcía de Arousa

 

Esta iniciativa pretende favorecer a formación de actitudes de colaboración e  de solidariedade entre o alumnado galego, especialmente no ámbito cultural, o que poderá materializarse en actividades de colaboración na biblioteca escolar, de lectura compartida ou de traballo coa información, organizadas pola biblioteca, dentro ou fóra do centro. Estas accións deberán contribuír á educar o alumnado para a solidariedade e poderán orientarse, así mesmo, en liña cos obxectivos da Axenda 2030.

 

O alumnado participante poderá ver recoñecido o seu labor mediante un diploma (no caso dos menores) ou un certificado de horas de voluntariado na biblioteca escolar (no caso dos maiores de idade).

 

Voluntariado de lectura-A
No caso da acción Voluntariado de lectura-A, dirixida a centros que matriculan alumnado de 5º e 6º cursos de ensino primario, participan este curso un total de 42 centros da provincia (106 en toda Galicia), en concreto os que figuran na seguinte táboa:

Centro

Concello

Mod. A

Mod. B

Mod. C

CEIP de Agolada

Agolada

X

X

X

CEIP Amor Ruibal

Barro

X

X

 

CEIP Plurilingüe A Pedra

Bueu

X

X

X

CEIP Plurilingüe Montemogos

Bueu

X

X

X

CEIP San Tomé

Cambados

X

X

 

CEIP Plurilingüe Manuel Sieiro

Crecente

X

X

X

CEIP de Figueiroa

Estrada, A

X

X

X

CEIP do Foxo

Estrada, A

X

X

X

CEIP Chano Piñeiro

Gondomar

X

X

 

CEP Xosé Neira Vilas

Gondomar

X

X

X

CEIP As Bizocas

Grove, O

X

X

X

CEIP P. As Solanas - Nicolás Gutiérrez Campo

Guarda, A

X

X

X

CEIP de Reibón

Moaña

X

X

X

CEIP Carlos Casares

Nigrán

X

X

X

CEIP Plurilingüe de Chancelas

Poio

X

X

 

CEIP Fermín Bouza Brey

Ponteareas

X

X

X

CEIP Plurilingüe Mestre Ramiro Sabell Mosquera

Ponteareas

X

 

 

CPI de Pontecesures

Pontecesures

X

X

 

CEIP A Xunqueira Nº 1

Pontevedra

X

X

X

CEIP Álvarez Limeses

Pontevedra

X

X

X

CEIP de Ponte Sampaio

Pontevedra

X

X

X

CEIP Plurilingüe Antonio Palacios

Porriño, O

X

X

 

CEIP de Laredo

Redondela

X

X

 

CEIP de Reboreda

Redondela

X

X

 

CPI Manuel Suárez Marquier

Rosal, O

X

X

X

CEP Altamira

Salceda de Caselas

X

X

X

CEIP de Leirado

Salvaterra de Miño

X

X

 

CEIP Plurilingüe Infante Felipe de Borbón

Salvaterra de Miño

X

X

 

CEIP Ramón de Valenzuela

Silleda

X

X

 

CEP Pedro Caselles Beltrán

Tomiño

X

X

 

CEIP de Randufe

Tui

X

X

X

CEIP de Chans-Bembrive

Vigo

X

 

 

CEIP de Coutada-Beade

Vigo

X

X

 

CEIP Eduardo Pondal

Vigo

X

X

X

CEIP Escultor Acuña

Vigo

X

 

 

CEIP García Barbón

Vigo

X

X

X

CEIP O Sello

Vigo

X

X

X

CEIP Plurilingüe Frián-Teis

Vigo

X

X

 

CEIP Plurilingüe Sobreira-Valadares

Vigo

X

 

 

CEIP San Salvador

Vigo

X

X

 

CEIP de Cerdeiriñas

Vila de Cruces

X

X

X

CEIP A Lomba

Vilagarcía de Arousa

X

X

X

 

O obxectivo é estimular o voluntariado cultural en relación coa lectura, favorecendo a formación de actitudes de colaboración e  de solidariedade entre o alumnado, especialmente no ámbito cultural. A acción divídese en tres modalidades. A primeira delas (A) consiste na colaboración coa biblioteca escolar, na que o alumnado forma parte do equipo de colaboradores que xunto co profesorado, e baixo a súa supervisión, contribúen ao bo funcionamento deste espazo no seu centro.

 

Na segunda modalidade (B), Ler con... D (Lecturas compartidas dentro do centro), o alumnado participa no deseño e organización de actividades de acompañamento na lectura a outros compañeiros, a través de fórmulas como os apadriñamentos lectores, a titorización lectora, ou as lecturas compartidas, entre outras.

 

Por último na terceira modalidade (C), Ler con... F (Lecturas compartidas fóra do centro), o alumnado participa no deseño e organización de actividades de acompañamento na lectura a outros nenos e nenas, doutros centros educativos, incluídas as escolas infantís; lectura a anciáns nas residencias de maiores; lectura a enfermos nos hospitais, etc. Así mesmo, poden incluírse neste apartado actividades nas que o alumnado teña unha participación activa na organización e desenvolvemento de actividades de lectura pública na parroquia, a vila ou o barrio; así como con alumnado doutros centros, coa biblioteca pública ou outras institucións do seu concello.

 

Esta acción intégrase, así mesmo, como iniciativa de voluntariado nos programas da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, polo que o alumnado directamente implicado nas actividades programadas polos centros poderá recibir un diploma da súa colaboración como acción de voluntariado cultural.

 

Plan LÍA
Bibliotecas Escolares Solidarias enmárcase no Plan LÍA de Bibliotecas Escolares, que  contempla entre os seus obxectivos para o período 2016-2020 o de “avanzar na consecución dunha biblioteca escolar inclusiva”, así como o de “incentivar o uso das bibliotecas escolares por parte das comunidades educativas”.  Entre os retos que cómpre afrontar, esta nova fase do Plan LÍA contempla o de “pensar a biblioteca escolar como biblioteca inclusiva para unha mellor atención da diversidade” e, tamén, o de “ampliar as iniciativas destinadas á implicación das familias na formación lectora dos máis novos”.

 

O programa ten como obxectivo, así mesmo, fortalecer unha das funcións máis importantes da biblioteca escolar, a de axudar a paliar as desigualdades no acceso aos recursos culturais e de acceso ao coñecemento, poñendo a disposición de todo o alumnado, independentemente da súa situación socioeconómica, todas as ferramentas precisas para avanzar na súa formación como lector crítico e como usuario e produtor de información, competencias clave na actual sociedade da información.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.