VIGO
Samil e Rodas serán praias libres de fume a partir do verán
O Concello traballa xa nesta norma, que tamén será aplicada no estadio municipal de Balaídos desde mediados de agosto, segundo confirmou Abel Caballero hoxe martes, Día mundial contra o cancro. O alcalde achegouse á carpa informativa instalada pola AECC en Príncipe con Urzáiz
As praias de Samil e de Rodas e o estadio municipal de Balaídos quedarán libres de fume este verán, segundo a previsión municipal que adiantou este martes o alcalde. O Concello traballa xa nas ordenanzas que o regulen.
Confirmouno Abel Caballero esta semana,durante a celebración do Día mundial contra o cancro, data na que o rexedor quixo achegarse ata a carpa informativa despregada pola xunta local de Vigo da Asociación Española contra o Cancro (AECC). Este ano, co propósito de que a palabra “cancro” non sexa un tabú.
Sobre esta xornada, o alcalde pediu que as administracións públicas adiquen recursos á investigación contra o cancro, posto que “a experiencia demostra” que os avances derivados da investigación nos tratamentos “son importantísimos”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.159