GALICIA
A Xunta lanza unha nova edición do programa "Medrando Xuntas"
Hoxe ábrese o prazo para inscribirse nesta iniciativa, que se desenvolverá de marzo a xuño en Santiago de Compostela
A Consellería de Economía, Emprego e Industria abre hoxe o prazo de matriculación na cuarta edición do programa formativo Medrando Xuntas, que se desenvolverá dos meses de marzo a xuño de 2020 e está destinada a promover o talento feminino na economía social.
A iniciativa conta con dous itinerarios diferenciados, un para directivas e outro para socias e traballadoras. O itinerario para directivas está enfocado a responsables de dirección e/ou de goberno para ofrecerlles unha formación co fin de potenciar as capacidades directivas con perspectiva de xénero como factor clave no seu desenvolvemento profesional. Os contidos que se traballarán son os de xestión das organizacións de economía social, habilidades directivas e proxectos colaborativos.
Ademais as alumnas contarán cun acompañamento personalizado durante toda a formación para axudalas a mellorar o seu desenvolvemento profesional. O curso ten unha duración de 60 horas de duración e desenvolverase entre o 6 de marzo e o 12 de xuño, na sede da Escola Galega de Administración Pública en Santiago de Compostela.
Conta cun itinerario específico para directivas e outro para socias e traballadoras, e enmárcase na Estratexia de Economía Social de Galicia
Por outra banda, o itinerario para socias e traballadoras quere ofrecer unha formación específica enfocada para empoderar as mulleres pertencentes ás organizacións de economía social en contornas urbanas e rurais. O curso ten unha duración de 20 horas e realizarase entre os meses de abril e maio, na Escola Galega de Administración Pública en Santiago de Compostela (ao igual que o de directivas). Os contidos versan sobre a xestión das organizacións de economía social e habilidades persoais.
Ademais terá lugar o III Foro Medrando Xuntas, o encontro anual das mulleres da economía social. É un espazo que permite a conversa sobre os retos, desafíos e oportunidades que as mulleres teñen na economía social de Galicia e que serve como punto de encontro para construír modelos de negocio de éxito a través dunha economía máis xusta.
Toda a información relativa a Medrando Xuntas pode consultarse na web da Rede Eusumo. As prazas para participar no programa formativo son limitadas e a preinscrición pode realizarse a través do formulario que se pode atopar na dita web ata o 25 de febreiro. Para consultas e información adicional está dispoñible o correo electrónico medrandoxuntas.emprego@xunta.gal.
Medrando Xuntas enmárcase tanto dentro do programa Emprega en feminino como na Estratexia Galega de Economía Social, unha folla de ruta que busca impulsar 30 medidas ata 2021 co obxectivo de xerar 3.000 empregos e crear 300 novas entidades.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149