Domingo, 18 de Enero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 06 de Febrero de 2020 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación volve levar os seus programas deportivos a Galiexpo

A institución provincial terá un stand con material de “DEPOcomparte” e dípticos informativos dos diferentes programas organizados desde o servizo de deportes

A Deputación de Pontevedra estará presente un ano máis en Galiexpo, un salón adicado ao mundo do deporte, á saúde e o benestar, que terá lugar desde este venres 7 de febreiro ata o domingo 9 no IFEVI de Vigo.

 

Na presentación do evento, o deputado de Deportes, Gorka Gómez, subliñou que “na Deputación queremos estar presentes neste tipo de eventos que poñen en valor o deporte e fomentan hábitos de vida saudables porque van na liña que temos fixada co noso Plan Estratéxico de Deportes". Tamén resaltou que “este fin de semana a cidade de Vigo terá o foco deportivo a nivel nacional grazas a que estamos ante un evento único”.

 

Nesta ocasión, tal e como anunciou o deputado provincial, a institución provincial terá un stand informativo no "Pavillón All Sport" no que a Deputación de Pontevedra contará con material do seu programa “DEPOcomparte” e dípticos informativos dos diferentes programas deportivas que está a poñer marcha.

 

“DEPOcomparte” é un programa destinado a concellos e clubs deportivos para o préstamo totalmente gratuíto de material para eventos deportivos. Naceu coa filosofía de compartir todos os servizos da Deputación coa cidadanía e actualmente están a disposición: 4 arcos de meta, 2 podios, 8 toldos de 3x3, 8 sky dancers, 1 marcador electrónico, 2 bicicletas adaptadas e 2 kits de conos de 50.

 

Na mostra, que chega á terceira edición, a Deputación tamén terá información sobre diferentes programas cos que pretende promover os valores da actividade física e do deporte en toda a sociedade. Por exemplo, estarán en "Galiexpo" iniciativas como "DepoAndainas", "DepoRutas BTT” ou "DEPOrte escolas".

 

Na rolda de prensa de presentación anunciouse que parte do prezo das entradas irá destinado á Asociación Galega de Lupus.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.