GALICIA
Axudas para actividades divulgativas e de vixianza ás entidades colaboradoras de pesca fluvial
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda avanza nunha reunión con membros das entidades de pesca fluvial Río Viaño de Boborás e O Arenteiro de O Carballiño, aos que lles adiantou que o Diario Oficial de Galicia publicará esta orde de axudas dotada de 125.000 euros
A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Ángeles Vázquez, vén de avanzar que o Diario Oficial de Galicia do vindeiro 14 de febreiro publicará a convocatoria de axudas a entidades colaboradoras de pesca fluvial, dotadas cun orzamento de 125.000 euros.
Ángeles Vázquez mantivo unha reunión con membros das entidades de pesca fluvial Río Viñao de Boborás e O Arenteiro do Carballiño, aos que lles adiantou que a previsión da Dirección Xeral de Patrimonio Natural é publicar no DOG estas axudas, de concorrencia competitiva, polo que as entidades interesadas poderán presentar ao día seguinte a solicitude correspondente, sempre e cando esteen recoñecidas como tal.
Recordou que en base a estas axudas poderán desenvolverse no ano 2020 actuación e accións de vixilancia de tramos de pesca fluvial e actividades divulgativas ou formativas, encamiñadas a potenciar e difundir a protección da fauna ictícola e do medio natural como medida de fomento da actividade da pesca fluvial.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149