Jueves, 15 de Enero de 2026

Xornal21.es
Sábado, 08 de Febrero de 2020 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O concello intermediará para manter os usos social e deportivo de instalacións en Budiño

O Goberno Municipal Porriño proponse intermediar para acadar unha solución a tres bandas que garanta o mantemento dos usos social, cultural e deportivo de instalacións en Budiño cuia titularidade pasou a mans da Comunidade de Montes.


As cinco entidades de Budiño afectadas son: Centro Recreativo de Mosteiro; Centro Social e Cultural A Cruz; Asociación Cultural A Lagaoa de Orbenlle; Asociación de Veciños A Tapada de Cerquido e Club de Futbol San Salvador de Budiño. As instalacións, que todos eles utilizan, estaban en terreos do Concello que se encargaba de obras e mantemento nas mesmas. Pero por unha resolución do Xurado de Montes de 26/3/2019, a titularidade dos mesmos pasou a Comunidade de Montes de Budiño.


Pedro Pereira, primeiro tenente de alcalde presidiu nunha reunión no consistorio, á que asistiron representantes de todos os grupos municipais da corporación, con directivos das cinco entidades culturais, deportivas e veciñais de Budiño que se atopan nese intre.


Pereira trasladoulles que a posición de partida do Goberno Municipal é “buscar unha solución intermediada entre asociacións afectadas, comunidade de montes e Concello evitando a xudicialización deste asunto e co fin primordial de garantir que se manteñan os actuais usos culturais, sociais, veciñais e deportivos”.


A tal fin, o concelleiro de Infraestructuras tratará o asunto previamente na xunta de voceiros municipais para fixar unha postura común e logo citará ás asociacións afectadas e á comunidade de montes para negociar e acadar unha solución consensuada. 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.