O PORRIÑO
“Merca na Rúa” celebrarase o 7 e 8 de marzo
A Mesa Local de Comercio celebrada onte, no Concello, confirmou preparativos e datas para a vindeira edición de “Merca na Rúa”. Será a vixésimo segunda edición da feira de stocks e oportunidades que organiza a asociación de comerciantes “ACIPOR” coa colaboración do Concello do Porriño. Terá lugar os días 7 e 8 de marzo. Como é habitual os stands das firmas participantes estableceranse na rúa peonil.
Na reunión da Mesa Local de Comercio participaron os concelleiros do goberno municipal Lourdes Moure e Sergio Casal, Eugenio Fernández, xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria e pola asociación de comerciantes porriñeses, Juana Pérez, presidenta e Noelia Conde, xerente de ACIPOR.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129