Galicia
Medio Ambiente pide aos distribuidores de alimentos “formatos de envase alternativos ao plástico”
Recórdalles que a partir de 2021 quedará prohibida a entrega de bolsas de plástico lixeiras e moi lixeiras, agás se son de plástico compostable
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, trasladou esta tarde aos representantes dos grandes distribuidores de alimentos a necesidade de buscar e implantar nas súas superficies comerciais formatos de envase alternativos ao plástico dun só uso.
Ángeles Vázquez recordou que o Goberno galego elaborou unha nova Lei de residuos, que na actualice segue coa súa tramitación parlamentaria, na que se fai un especial fincapé na eliminación dos plásticos dun só uso. Concretamente, no artigo 43 desta Lei recóllese a prohibición deste tipo de produtos de plástico e que é acorde co que establece o Real Decreto 293/2018; onde se indica que a partir do 1 de xullo de 2018 se prohibiu a entrega gratuíta, salvo bolsas moi lixeiras e as de 50 micras con máis do 70% de plástico reciclado.
A conselleira de Medio Ambiente lembrou que dende o pasado 1 de xaneiro deste ano tamén quedou prohibida a entrega de bolsas de plástico e polo tanto, as empresas distribuidoras de alimento deben cobralas aos consumidores. Unha práctica que foi asumida con naturalidade polos consumidores, incluso antes da entrada en vigor, e que en certa medida contribuíu a mudar os hábitos, pois cada vez máis xente acude aos supermercados coas súas propias bolsas. Destacou que a implantación do pago por cada bolsa non é a solución definitiva; pero si unha transición suave cara ao obxectivo final: a desaparición deste material como elemento de uso cotiá.
Asemade, salientou que a partir do 21 de xaneiro de 2021 tamén quedará prohibida a entrega de bolsas de plástico lixeiras e moi lixeiras ao consumidor nos puntos de venda de bens ou produtos, agás se son de plástico compostable.
Tendo en conta que as distintas normativas buscan limitar e reducir o uso de materias plásticos, a conselleira insistiu na necesidade de optar por outros formatos de envases para substituír as bolsas de plástico.
Por último, a conselleira de Medio Ambiente explicou que coa aprobación da Lei de residuos, Galicia completará a adaptación á normativa estatal sobre as bolsas dun só uso e prohibirá a venda de vaixela de plástico desde o momento en que entre en vigor. En definitiva, a substitución das bolsas plásticas dun só uso por bolsas reutilizables é, máis que unha estratexia, unha obriga ineludible.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149