Vigo
Evacuada por inhalación de monóxido de carbono en Vigo
Unha persoa foi evacuada a pasada noite despois de sufrir unha intoxicación a causa dunha acumulación de monóxido de carbono na súa vivenda. Segundo a información facilitada polos bombeiros ao 112 Galicia, unha estufa de gas prendida durante un largo período de tempo, sen a suficiente aireación, puido consumir o osíxeno no interior do inmoble e provocar a indisposición.
O incidente tivo lugar ás 23:45 horas na Rúa de Numancia, en Vigo. A esa hora, os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 contactaron co 112 Galicia para informar do suceso e solicitar medios para comprobar o inmoble.
Decontado, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia puxeron os feitos en coñecemento dos Bombeiros de Vigo e dos axentes da Policía Local.
Unha vez realizadas as medicións pertinentes, os membros do Servizo de Prevención Extinción de Incendios e Salvamento confirmaron que a acumulación de monóxido na estancia proviña da estufa por culpa da falta de ventilación.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141