GALICIA
Alcaldes de Portugal visitan as instalacións do 112
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, e o xerente da AXEGA, Marcos Araújo, recibiron aos representantes da Comunidade Intermunicipal de Viseu Dão Lafões
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva; o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo; e o xerente da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), Marcos Araújo, acompañaron onte a alcaldes da Comunidade Intermunicipal de Viseu Dão Lafões nunha visita ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia. Tamén acudiu o alcalde da Estrada, José López Campos.
Unha delegación de autoridades municipais e técnicos desta rexión do centro de Portugal, xunto cun grupo de alcaldes dos concellos que integran esta corporación intermunicipal, coñeceron hoxe as instalacións do (CIAE) 112 Galicia e a organización e o funcionamento do centro.
Esta é a terceira visita que representantes da rexión centro fan a Galicia. En 2018 un grupo de alcaldes do centro de Portugal e o ano pasado técnicos municipais destes concellos portugueses acudiron á nosa comunidade para coñecer o sistema galego de protección civil e emerxencias. Estas delegacións compartiron en ambas visitas experiencias sobre a xestión e prevención forestal da Xunta co obxectivo de aplicar boas prácticas nos seus sistemas de prevención e intervención ante os incendios forestais.
Na xornada de mañá os alcaldes visitarán a sede de MeteoGalicia coa conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, e reuniranse co director xeral de Defensa do Monte, Tomás Fernández-Couto, para coñecer o plan de prevención e defensa contra os incendios forestais.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149