Domingo, 12 de Abril de 2026

Actualizada Sábado, 11 de Abril de 2026 a las 19:42:54 horas

Xornal21.es
Sábado, 08 de Febrero de 2020 Tiempo de lectura:
TUI

Rueda pon en valor o traballo de Jose Ángel Fernández á fronte do PP de Tui

O presidente provincial está reuníndose coas xuntas locais e afiliados coa mirada posta nas eleccións autonómicas

O presidente do Partido Popular da provincia de Pontevedra, Alfonso Rueda, puxo en valor o traballo de Jose Ángel Fernández á fronte do PP de Tui, durante unha reunión que mantivo esta semana co grupo municipal e afiliados do partido, e á que tamén acudiron o secretario provincial, Cores Tourís, e a vicepresidenta do PP de Pontevedra, Nidia Arévalo.

 

Alfonso Rueda destacou o importante traballo que está facendo o voceiro do PP de Tui, “de renovación e fortalecemento do partido”. Ademais, o líder provincial agradeceu a asistencia dos afiliados á reunión, “persoas novas que se achegan, pero tamén moitas caras coñecidas, militantes de sempre,  porque neste partido todos sumamos”.

 

O presidente provincial incidiu tamén na necesidade de continuar traballando coas mesmas ganas e a mesma ilusión ca a destes meses, e coa mirada xa postas nas eleccións autonómicas deste ano. “É fundamental o labor que estades facendo tanto no partido como no grupo municipal, escoitando a todo o mundo e ao pé da rúa”.

 

A de Tui trátase de unha reunión ordinaria, enmarcada no calendario de xuntanzas que Rueda está realizando por toda a provincia para facer balance dos primeiros seis meses de mandato e, sobre todo, para escoitar ás xuntas locais, facer unha análise da situación do partido e falar da súa organización de cara ás eleccións autonómicas deste ano.

 

Rueda resaltou que para elo é fundamental recoller as inquedanzas e suxestións dos seus veciños. “Somos o partido que máis se parece ás persoas, e por iso temos que seguir a pé de rúa para escoitar todo o que nos teñen que dicir, todo o que poden aportar, e deste xeito reforzarnos e prepararnos para afrontar as próximas eleccións autonómicas”.

 

Nesta liña, o presidente provincial recordou que os resultados das últimas eleccións xerais marcan unha aumento da porcentaxe de votos para o Partido Popular en todos os concellos da provincia, polo que afrontan este ano electoral reforzados. Así, recordou que “o PP aspira a gañar e gobernar, e para conseguilo temos unha maquinaria que non se detén, máxime cando é ano electoral”. Unhas eleccións, sinalou, “fundamentais para seguir garantindo a estabilidade que ten Galicia fronte ao caos, inestabilidade e parálise que sufrimos en España. Nas autonómicas decidirase entre a estabilidade do PP e un multipartido con pelexas diarias entre os seus socios”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.