PROVINCIA
A Deputación rescata a tradición da cestería de madeira rachada
“Tecendo a natureza”, unha mostra accesible na que as pezas se poden tocar, exhibirase no vestíbulo do Pazo ata o día 29 para percorrer logo os concellos
Amosar a riqueza da tradición da cestería de madeira rachada e evitar que se perda este patrimonio material e inmaterial galego. Estes son os dous grandes obxectivos da exposición “Tecendo a natureza”, organizada pola Deputación de Pontevedra e que desde hoxe ata o día 29 de febreiro se poderá visitar no vestíbulo do Pazo Provincial. Con esta mostra, a institución provincial tenta poñer en valor esta artesanía a través das obras do último mestre cesteiro galego nesta modalidade, Enrique Táboas.
Deste xeito, a presidenta da institución, Carmela Silva, destacou na inauguración desta mostra o “saber facer” de Enrique Táboas, fillo e neto de cesteiros, nunha arte “tan marabillosa como é a cestería tradicional feita en madeira”. Pero ao mesmo tempo lanzou un berro de auxilio para evitar que se perda este oficio. ”Non podemos perder estas tradicións _subliñou_. Resúltame duro pensar que cando falamos de Enrique falamos do ultimo cesteiro de madeira. Polo tanto, esta exposición, que vai percorrer os concellos da provincia, non soamente vai a ser unha mostra dese bo facer, senón tamén unha chamada de alerta a todos os concellos e a outras administracións que teñen que traballar para que non se perda este patrimonio inmaterial. Porque hai competencias en patrimonio histórico e non se pode consentir esta desaparición”.
Neste senso, apuntou que a Deputación abordará de xeito inmediato a posta en marcha de actividades de formación “para ver se somos capaces na provincia de Pontevedra de xerar cursos que permitan transmitir estes coñecementos e que non se perdan”. Este é tamén o obxectivo do propio Enrique Táboas, que pola súa banda agradeceu á Deputación a oportunidade de expoñer “o que aprendín coa miña familia” e remitiuse á chamada tamén realizada pola comisaria da mostra, Fátima Cobo, para conservar este legado cultural a través da formación. Así, Cobo destacou que nesta mostra, “o invisible, o patrimonio inmaterial oculto en cada peza, é aínda máis importante que o visible”. “Este patrimonio inmaterial que atesoura Enrique é realmente o obxecto desta exposición _afirmou_. Se non lle poñemos remedio, cando el se xubile seguiremos tendo estas cestas, pero teremos perdida a capacidade de crear outras”.
Carmela Silva: “Esta mostra é un berro de auxilio para evitar a perda deste patrimonio marabilloso, unha desaparición que non podemos consentir”
O propio Táboas guiou aos primeiros e primeiras visitantes, un grupo de escolares do CEIP A Xunqueira, por esta exposición, que reúne dez fotografías antigas acompañadas de textos e 17 pezas orixinais, tradicionais e non tradicionais, elaboradas por este mestre cesteiro, que permiten facer un percorrido por esta artesanía e os seus usos. Acompáñaa un vídeo no que se pode observar o proceso de creación destas obras e unha “mesa de traballo”, na que se poderán tocar e contemplar diferentes ferramentas deste oficio e observar unha peza en distintas fases de construción.
Accesibilidade
Ao igual que o resto das exposicións que organiza a Deputación, “Tecendo a natureza” é unha mostra accesible, como destacou tamén Carmela Silva. “Todas as nosas exposicións _indicou_ teñen que ser accesibles, para que todas as persoas poidan ter os mesmos dereitos ao coñecemento e ao desfrute. E polo tanto todas teñen que estar escritas en braille, e amais tamén coa súa explicación na linguaxe de signos”. No caso concreto desta mostra, as pezas de cestería exhíbense sobre peañas baixas e sen urna para que sexa posible tocalas e estes soportes están pintados dunha cor coral intensa para que ás persoas con visión reducida non lles supoña un problema moverse entre elas. No caso das persoas cegas, poderán visitar a exposición cun monitor da ONCE e as cartelas están transcritas a braille. Precisamente, o director do Centro de Recursos Educativos da ONCE en Galicia, José Angel Abraldes, felicitou no acto de inauguración á Deputación por engadir ás exposicións “un novo termo, accesibilidade”.
E en consonancia co compromiso da Deputación cos 17 ODS da Axenda 2030 en todas as súas áreas, a exposición cumpre varios dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. Así, Silva citou que da resposta ao primeiro destes ODS, poñerlle fin á pobreza en todas as súas formas, “porque a ONU sostén que a pobreza cultural é unha forma de pobreza e se perdemos as nosas tradicións, empobrecémonos culturalmente, algo que non podemos consentir”. Tamén ao segundo, promover a agricultura sostible, “porque a creación e o sostemento de bosques de castiñeiros, e en xeral de árbores autóctonas, están intimamente ligados con estas profesións e cumpririamos este obxectivo se conseguimos manter esta artesanía”.
Garantir unha educación inclusiva, equitativa e de calidade, e promover oportunidades de aprendizaxe durante toda a vida para todas as persoas, o obxectivo 4, está tamén relacionado coa promoción deste oficio, “porque hai que transmitir esta aprendizaxe e facer accesible todo o que facemos”. E ao número 13, adoptar medidas urxentes para combater o cambio climático e os seus efectos, dáse resposta “co emprego na nosa vida diaria de obxectos de proximidade, duradeiros, sostibles, reciclables e biodegradables, algo que é imprescindible para afrontar o cambio climático e está clarísimo que a cestería de madeira cumpre con estes obxectivos”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149