GALICIA
A Xunta aproba o requirimento para reclamar ao Goberno Central os 204,7 m€ do IVE
Feijóo incide en que Galicia segue a ser unha Comunidade solvente e lamenta que o Goberno, lonxe de incentivar o cumprimento das Comunidades Autónomas, o que fai é penalizar o cumprimento das Comunidades solventes
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou que o Consello da Xunta aprobou o requirimento que enviará de inmediato ao Goberno central para reclamarlle os 204,7 millóns de euros que adebeda a Galicia en concepto de IVE do ano 2017.
O Goberno ten un mes de prazo para contestar a dito requirimento. De non facelo ou de facelo en sentido negativo, a Xunta presentará de maneira inmediata un recurso contencioso-administrativo, é dicir, “levaremos ao Goberno central aos tribunais”, lamentou Feijóo.
“Queremos que recoñeza a existencia do desfase financeiro que ten coas comunidades autónomas, concretamente con Galicia; que se compense a Galicia por ese desfase e que se abonen así mesmo os intereses da débeda”, aseverou o presidente da Xunta. Tamén se pide adoptar as medidas e actos precisos para transferir á Comunidade a cantidade adebedada, ademais de solicitar que “isto non teña nada que ver co cómputo que poida facer o Ministerio de Facenda do déficit público para as Comunidades Autónomas”.
O Goberno ten un mes de prazo para contestar o requirimento e de non facelo ou de facelo en sentido negativo, a Xunta presentará de maneira inmediata un recurso contencioso-administrativo
O presidente da Xunta incidiu en que Galicia segue a ser unha Comunidade solvente e lamentou que “temos un Goberno que, lonxe de incentivar o cumprimento das Comunidades Autónomas, o que fai é penalizar o cumprimento das Comunidades Autónomas solventes”.
Tamén fixo fincapé Feijóo no feito de que o presidente do Goberno se reúne hoxe cun “dirixente inhabilitado, polo menos na categoría de deputado” mentres penaliza a Galicia, negándolle os 170 millóns de euros de cumprimento das regras fiscais dos anos 2017 e 2018. Nesta liña, tamén denunciou que o xefe do Executivo central fai “unha reunión bilateral en Cataluña”, pero leva máis de 17 meses sen convocar a reunión do Consello de Política Fiscal e Financeira, que hai que facer, como mínimo, dúas veces ao ano.
A convocatoria da reunión do CPFF para mañá supón para o presidente da Xunta “unha dobre decepción” porque o Ministerio de Facenda non inclúe na orde do día nin o pago inmediato á Facenda autonómica do diñeiro do IVE nin o pago ás Comunidades Autónomas dos incentivos polo cumprimento dos obxectivos fiscais, que supoñen 170 millóns para Galicia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149