GALICIA
Galicia pecha 2019 cumprindo os obxectivos de déficit e débeda
O presidente da Xunta destaca que o pasado ano será o primeiro en que non só baixe a ratio débeda/PIB, senón tamén o endebedamento absoluto
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe na rolda de prensa do Consello que Galicia volveu cumprir en 2019 os obxectivos de déficit e débeda fixados no orzamento e pagou aos provedores na metade de tempo que a media autonómica.
Logo de avaliar o informe presentado pola Consellería de Facenda, sobre o avance do peche do exercicio 2019, Feijóo trasladou a conclusión de que, un ano máis, Galicia cumpriu o tope de déficit autorizado e o tope de débeda autorizada, e fíxoo pagando sempre en prazo aos nosos provedores, pese aos atrasos e aos impagos do Goberno central e situándose entre as CC.AA. con maior capacidade investidora.
En primeiro lugar, no informe consta que Galicia de novo cumpriu o obxectivo de déficit previsto, que era do 0,1% e quedou no entorno do 0,09%, executando o orzamento aprobado polo Parlamento de Galicia, que incluíu como ingresos os preto de 200 millóns de euros da mensualidade do IVE do ano 2017.
Subliña que Galicia se atopa entre as autonomías con maior esforzo investidor, dedicando o dobre de porcentaxe que a media a investimentos
Logo de recordar que o Goberno central non ingresou un terzo dos 334 millóns de euros das entregas a conta ata o 30 de decembro do ano pasado, o último día hábil do ano, Feijóo aseverou que, pese a iso, a Xunta cumpriu.
No que atinxe ao endebedamento, cómpre salientar que a comunidade tamén volveu cumprir en 2019 o seu tope máximo autorizado e baixou a débeda. Así, o presidente do Executivo galego que cos cálculos do avance do peche do exercicio, 2019 pechouse cunha ratio de débeda/PIB do entorno do 17,5%, sensiblemente por debaixo do tope autorizado do 17,9%. E con estas primeiras estimacións, destacou que o pasado ano será o primeiro en que non só baixe a ratio débeda/PIB, senón tamén o endebedamento absoluto.
Así mesmo, Feijóo explicou que a Administración galega presentou en 2019 un período de pago, de media, de 18,3 días, a metade que a media de comunidades, que superou os 37.
Por último, e en relación ao esforzo investidor, cómpre salientar que Galicia atópase entre as autonomías con maior esforzo investidor, dedicando o dobre de porcentaxe que a media a investimentos. Así, o peso do gasto de capital sobre o gasto non financeiro foi do 11,4%, fronte ao 5,8% de media.
O titular da Xunta concluíu aseverando ademais que o Goberno galego seguirá reclamando os 170 millóns de euros dos incentivos por ser unha comunidade cumpridora en todos os parámetros fiscais durante os exercicios 2017 e 2018.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149