GALICIA
Feijóo solicita ao Goberno Central convocar a "maior oferta pública da historia do Sergas"
“No ano 2020 queremos facer unha macrooferta pública de emprego e necesitamos que o Goberno central nos deixe convocar todas as prazas vacantes que ten o Sergas”, di, asegurando que é imprescindible que non o limiten coa taxa de reposición
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, solicitou esta semana ao Goberno central que permita convocar a Galicia neste ano 2020 a maior Oferta Pública de Emprego (OPE) da historia do Sergas.
“Desde o ano 2012 ao ano 2019 incorporáronse 6.000 persoas ao Sergas a través das distintas Ofertas Públicas de Emprego e no ano 2020 queremos facer unha macrooferta pública de emprego” dixo, lembrando que para iso é imprescindible que o Goberno central permita a Galicia convocar todas as prazas vacantes que ten o Sergas e non o limite coa taxa de reposición.
Salienta que o Goberno galego seguirá defendendo a Sanidade Pública construíndo hospitais e centros de saúde, renovando a tecnoloxía sanitaria, diminuíndo as listaxes de espera e incrementando a plantilla do Sergas, como o leva facendo nos últimos 10 anos
Nesta liña, o titular do Goberno galego avanzou que farán todo o posible para que o Goberno Central, o Ministerio de Sanidade e o Ministerio de Administracións Públicas entendan as necesidades da Sanidade Pública galega. Así, e incidindo no feito de que “todos queremos defender a Sanidade Pública”, Feijóo destacou a súa esperanza de que todas as persoas que traballan pola súa defensa “non nos impidan contratar a máis xente con carácter estable a través desta OPE que queremos sacar neste primeiro trimestre deste ano”.
O presidente da Xunta incidiu en que o Goberno galego seguirá defendendo a Sanidade Pública construíndo hospitais e centros de saúde, renovando a tecnoloxía sanitaria, diminuíndo as listaxes de espera e incrementando a plantilla do Sergas, como o leva facendo nos últimos 10 anos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149