Lunes, 09 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 07 de Febrero de 2020 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

O PP esixe ao goberno "que deixe de botar balóns fóra co saneamento"

Santiago Davila di que "debería ser unha das principais preocupacións para o bigoberno"

Os populares veñen de manifestar a súa preocupación pola deixadez e escusas do bigoberno respecto do saneamento, unha competencia municipal e que non teñen como prioridade a día de hoxe. “O Saneamento debería ser un dos principais retos a afrontar desde o bipartito para este mandato. Sen dúbida, é unha das principais preocupacións e, por ende, unha forte demanda por parte dos veciños salcedenses. Hai parroquias con nulo ou escasos metros de colectores nas que é primordial comezar a investir”, defende Santi Davila.

 

Dende o grupo municipal, queren manifestar o seu asombro cando len e ven como, “algúns e algunhas representantes políticos de Salceda deberon esquecerse cales son as competencias dos entes locais, e recordámoslle, como sinala a Lei 9/2010, de 4 de novembro de Augas de Galicia, tanto o abastecemento domiciliario de auga potable e o seu control sanitario, como o alcantarillado son competencias que corresponden aos entes locais, polo que, os municipios (saneamento) deberán prestar dito servicio” sentencia o voceiro popular. Polo tanto, engade, unha cousa é que se poidan facer obras coa axuda doutras administracicóns e outra ben distinta de quen é a competencia, e polo tanto, que administración debe velar e proxectar a ampliación destes servizos básicos para os veciños.

 

Por iso, os populares propoñen que o Bipartito de Salceda destine fondos do Plan Concellos 2020 para facer estas obras. “Consideramos que é momento de facer bos investimentos que melloren os servizos e benestar de todos os veciños de Salceda, e por iso pedimos que, ao igual que fan outros concellos como Mos ou O Porriño, o Bipartito de Salceda destine estes cartos para ampliar o saneamento no concello”.

 

Para Davila, xa non valen as escusas, e por iso lles pide “que se adiquen a gobernar e xestionar en vez de falar tanto da oposición, que teñen adicacións e asesores de abondo para deixar de queixarse en asumir de unha vez por todas as responsabilidades que eles decidiron coller, e que os veciños non llas deron nas urnas”. Por último di que os concelleiros do PP seguirán sumando en todo aquello que sexa razoable, coherente e necesario, con prioridades ben definidas, como é o saneamento.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.