Lunes, 13 de Abril de 2026

Actualizada Lunes, 13 de Abril de 2026 a las 09:20:29 horas

Redacción / Xornal21.es
Martes, 11 de Febrero de 2020 Tiempo de lectura:
Ponteareas

Finaliza o curso de “Artesanía en coiro” en Pías

A concelleira de Benestar Social e Igualdade, Verónica Carrera, e a deputada provincial Victoria Alonso, entregaron os diplomas do curso “Artesanía en Coiro” impartido no teleclub A Lengua no marco do programa Conectadas da Deputación Provincial e organizado pola asociación de veciños de Pías.

 

O programa “Conectadas” ten por finalidade mellorar a formación básica das mulleres na comunidade para favorecer as relacións interpersoais e o intercambio de experiencias, contribuir a mellorar a súa empregabilidade e o seu mantemento no mercado de traballo e reducir a brecha dixital mediante a utilización da información e as novas tecnoloxías.

 

Neste programa poderán participar todas as asociacións, federacións e fundacións sen ánimo de lucro que teñan como obxectivo e ámbito de actuación a promoción das mulleres, que apoien o seu desenvolvemento e empoderamento, ao igual que o seu tecido asociativo, e a paulatina consecución do obxectivo da igualdade entre mulleres e homes.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.