PONTEAREAS
EU renega da Senda do Tea
EU reclama que se desista da "perpetuación do actual deseño da senda fluvial. Unha nova partida de 87.000€ foi aprobada para outra reparación da actual senda fluvial. A deterioración na senda acontecen cada riada debido ao seu mal deseño, o cal non respecta o ecosistema fluvial nin as zona inundables"
"O concello de Ponteareas ven de asinar un convenio de colaboración con Augas de Galicia a través da conselleira da Xunta, Ethel Vázquez, para a reparación da senda fluvial do río Tea. Este documento foi ratificado polos catro partidos políticos do pleno, BNG, PP, ACIP e PSOE." explican dende EU Ponteareas
"Estes gastos son recorrentes na senda fluvial dende a súa inauguración no ano 2015. A razón non é outra que un deseño nefasto do percorrido e da calidade do paseo o pasar por numerosas zonas inundables" aseguran.
Según EU "este feito non é novo, dende a presentación do proxecto Esquerda Unida, xunto con diferentes asociacións veciñais e ecoloxistas, denunciaron que a senda non era respectuosa co medio natural e que remataría por ser un burato de fondos públicos ao longo dos anos debido as crecidas que levarían consigo o trazado da senda. Os sucesos acontecidos pouco antes da inauguración da senda, cando o río levou parte das obras que estaban a piques de concluír, parecían dar a razón as denuncias realizadas".
"O BNG nesa altura analizaba correctamente o que sucedería nos anos que, ironicamente, o seu propio goberno acabaría por fomentar: un malgasto de fondos públicos debido ao mal deseño. As declaracións dunha eurodeputada do BNG nesa altura acertaron de pleno: “Centos de miles de euros foron polo río abaixo por non respectar o medio natural. (...) O Tea é un Lugar de Interese Comunitario (LIC) que forma parte da Rede Natura.” Isto amosa outra proba de como o BNG goberna completamente ao contrario do que promete cando non está no poder" sinalan dende EU Ponteareas.
Esquerda Unida volta reclamar que "se desista de seguir malgastando cartos nunha obra mal concibida e que se deseñe novamente, atendendo a criterios ambientais e orzamentarios, unha nova senda que non afecte ao medio natural e patrimonial e que non supoña un custo anual polas crecidas do río".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163