Lunes, 13 de Abril de 2026

Actualizada Sábado, 11 de Abril de 2026 a las 19:42:54 horas

Xornal21.es
Viernes, 21 de Febrero de 2020 Tiempo de lectura:
TUI

Concello de Tui e AFAGA impartirán formacion a coidadores de persoas dependentes

Ofértanse 15 prazas. Os interesados pódense inscribir até o 3 de marzo no departamento de Servizos Sociais

[Img #60487]Está aberto o prazo de inscrición para “Coidand@-me” o programa psicoeducativo para coidadores familiares de persoas dependentes que se vai impartir en Tui grazas á colaboración entre o Concello de Tui, a través da Concellería de Servizos Sociais, e AFAGA.


Ao longo de doce sesións, que se impartirán os luns de 11 a 12.30 h no Centro Sociocomunitario, abordarase a parte emocional, a toma de decisións, o coñecemento dos recursos… O obxectivo é brindar as persoas coidadoras as ferramentas para prestar un mellor coidado aos seus familiares pero ao mesmo tempo para coidarse a sí mesmas.


As persoas interesadas pódense inscribirse no departamento de Servizos Sociais na casa do concello até o martes 3 de marzo. Poden solicitar máis información no 986 60 36 25 ext. 54 ou no 986 22 97 97.


Froito da colaboración entre o Concello de Tui e AFAGA estanse a impartir dende setembro os obradoiros “Cultiva a Mente”. Até xuño 75 persoas en cinco parroquias tudenses, Areas, Caldelas, Guillarei, Pazos de Reis, e Rebordáns, están a tomar parte nesta actividade de prevención.

 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.