MOS
Catro ouros, unha prata e tres bronces para o Club Natación Mos
As nadadoras Antía Hermida, Carolina Pereiro, Eva Martínez e Ainoa Pardavila foron homenaxeadas onte na Piscina Municipal do Pavillón Óscar Pereiro
Onte pola tarde celebrouse a recepción ás nadadoras alevíns do Club Natación Mos, polos resultados obtidos no Campionato Galego Alevín de Inverno. O acto para felicitalas celebrouse na Piscina Municipal do Pavillón Óscar Pereiro, na que adestran 5 días á semana, de luns a venres.
Estiveron presentes na recepción as medallistas mosenses no Galego Antía Hermida, Carolina Pereiro, Eva Martínez e Ainoa Pardavila, xunto cos demais nadadores/as do Club Natación Mos e o seu adestrador; María Rodríguez, presidenta do Club Natación Mos e demais membros da directiva do Club Natación Mos, Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, Camilo Augusto, tenente alcalde de Mos, demais membros do equipo de goberno local e demais membros da Corporación Municipal.
Os resultados obtidos polas catro nadadoras foron:
Antía Hermida:
- Campioa Galega en 100 Bolboreta
- Campioa Galega en 100 Estilos
- Campioa Galega en 200 Estilos
- Medalla de Bronce en 100 Libre
Carolina Pereiro:
- Campioa Galega en 100 Braza
- Sub Campioa Galega en 200 Braza
- 6ª en 100 Bolboreta
- 4ª en 200 Estilos
Eva Martínez:
- Medalla de Bronce en 100 Espalda
- Medalla de Bronce en 200 Espalda
- 19ª en 100 Libre
- 9ª en 100 Estilos
Ainoa Pardavila:
- 4ª en 100 Libre
- 6ª en 400 Libre
- 8ª en 200 Libre
- 10ª en 100 Estilos
O Campionato Galego Alevín de Inverno celebrouse durante os días 1 e 2 de Febreiro e disputouse na Piscina de Santa Isabel (Santiago de Compostela). O Club Natación Mos desprazou ata a capital galega a catro nadadoras, Antía Hermida, Carolina Pereiro, Eva Martínez e Ainoa Pardavila que nadaron un total de 4 probas individuais cada unha, ademais dos 3 relevos.
Nas probas de relevos lograron un 5º Posto en 4x100 Estilos, 9º Posto en 4x100 Libre, e 10º Posto en 4x200 Libre.
Dese a directiva do Natación Mos consideran “o balance do Campionato moi bo para o Club. Sendo as catro integrantes de primeiro ano de categoría dentro do seu ano (2008), demostraron un grandísimo estado de forma, e nas probas de relevos contra rivais, maioritariamente, do ano 2007 souberon loitar cada posta ata o final. As nadadoras melloraron todas as súas mellores marcas en case a totalidade das probas. Antía e Carolina nalgunhas das súas probas están nun nivel próximo aos topes esixidos para os campionatos nacionais. Con tan só 4 integrantes a escuadra do CN Mos logrou clasificarse en 8ª posición na clasificación feminina dun total de 23 clubs, a pesar de ser un dos clubs con menor cantidade de nadadoras en liza. Cun total de 8 preseas este campionato supón o mellor resultado do noso club nun Galego Alevín. Ademais a tempada 19/20 está a supoñer unha gran expansión do Club, demostrando o gran potencial existente e facéndose ver que a mellor versión aínda está por chegar”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58