Lunes, 23 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 14 de Febrero de 2020 Tiempo de lectura:
Mos

Victoria Alonso acusa a alcaldesa de “ dar información tendenciosa”

A edil socialista Victoria Alonso explica nun comunicado que "os representantes do concello de Mos confirmaron a súa asistencia a unha reunión coa veciñanza de Tameiga para falar das obras na contorna do fútbol club Louro. Estas melloras supoñen a humanización da zona de San Eleuterio, as que están financiadas polo plan concellos da Deputación de Pontevedra".

 

Alonso explica que "en reiteradas ocasións tras preguntas da oposición, a alcaldesa responde que as obras non están rematadas xa que a Confederación Hidrográfica Miño-Sil aínda non deu o permiso para mover uns postes de alumeado. Obra que antes das municipais o Partido Popular anunciou como rematada polo período electoral e que meses despois segue igual e a usa para confrontar a veciñanza, asegura o Partido Socialista de Mos".

 

A voceira socialista, Victoria Alonso, recrimínalle a alcaldesa que "da información tendenciosa. A realidade é que a petición de retranqueo dos postes foi feita por Fenosa, a cal a Confederación en decembro solicitoulle información e esta a día de hoxe non a remitiu, declara Alonso. Engade que o Concello, unha vez máis, quere facer un escrache político enganando a veciñanza e botándolle a culpa do retraso da obra a Confederación cando o retraso ven  producido por unha mala xestión de Fenosa e do Concello".

 

A voceira di que "outra vez o Concello de Mos está atacando a unha administración gobernada por outra cor política nun rabioso intento de atacar o PSOE". Tamén convida a actual rexedora "a que en vez de enviar cartas a Confederación para filtralas nas reunións coa veciñanza dicindo que está presionando a dita administración, mande as cartas a Fenosa que é da que estamos pendentes para rematar a obra". Recórdalle que "a súa labor é a de xestionar o Concello para mellorar a vida da veciñanza mosense, non usar o sillón para confrontar co PSOE. Alonso finaliza dicindo que espera que Fenosa remita a información na maior brevidade posible para continuar cas obras, senón Mos asistirá outra vez a venta electoral desta obra en vésperas de autonómicas".

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.