Mos
Mos apelará ao TSXG contra a sentencia da Pass Vigo
Nidia Arévalo: "é unha evidencia que é inconstitucional a discriminación por empadroamento na prestación de servizos e aplicación das súas tarifas"
Ante o dictame do xuíz do Xulgado nº2 do Contencioso-Administrativo, Marcos Amboage López que desestima a demanda interposta polo Concello de Mos contra o de Vigo pola esixencia do empadroamento para obter a Pass Vigo, a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, aclara hoxe varias cuestións dun xeito moi contundente.
En primeiro lugar advirte e anuncia que "a sentencia que se acaba de coñecer non é firme e desde o Concello de Mos imos interpoñer un recurso de apelación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG)".
En segundo lugar fai a rexedora de Mos unha aclaración: "aínda que un xuíz lle dea a razón a Vigo, como dí o señor Caballero, previamente -fai tan só unha semana- outro xuíz (Luis Ángel Fernández Barrio) quitoulle a razón, polo que por moito que lle pese, este dictame contrario a Mos non terá consecuencias na práctica e os cidadáns de fóra da cidade olívica poderán continuar a beneficiarse da tarxeta Pass Vigo (igual que desde fai xa máis dun ano); así que lle recomendo ao alcalde de Vigo que deixe de intentar confundir á cidadanía".
"Non é certo que o alcalde de Vigo teña a razón, como moito neste momento estamos equiparados, xa que a semana pasada outro xuíz quitoulle a razón. Por iso lle pido que non alardee e apelo á súa prudencia en lugar de empeñarse únicamente en buscar un titular, posto que aínda que el pretenda confundir á opinión pública, este asunto segue sin estar resolto", aclara Arévalo.
En terceiro lugar Arévalo, rexedora local mosense, lembra que "a Constitución Española é a nai de todas as leis e está por riba da Lei de Bases de Réxime Local á que alude a sentencia para indicar que o autobús urbano de Vigo compete en exclusiva á entidade local correspondente. A Constitución establece claramente que é anticonstitucional o criterio de discriminación por empadroamento na prestación de servizos e aplicación das súas tarifas".
Ademais a alcaldesa amósase enormemente asombrada ante o feito, prácticamente inaudito ou cando menos anecdótico, de que dous xuíces se contradigan nas súas sentencias sobre o mesmo caso e o fagan no curto prazo dunha semana.
5 se di literalmente que "os veciños de Mos non están lexitimados para reclamar o servizo e, menos aínda, o están para discutir as súas tarifas".
E conclúe Nidia Arévalo asegurando que, por moitos frentes que se abran contra o Concello de Mos e a súa veciñanza, ela como alcaldesa seguirá a defender os seus intereses por riba de todo. No caso da Pass Vigo o primeiro paso a dar, a continuación, será, como xa se dixo, interpoñer recurso de apelación perante o TSXG.
E precisamente ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pídelle Nidia Arévalo que "poña cordura e sentido común neste asunto, e que o resolva canto antes; xa que a cidadanía non debe saír do seu asombro ante a contradicción entre dous xuíces". "A xustiza está para resolver estas cousas e para dar exemplo á cidadanía, non debería confundir máis".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58