Martes, 30 de Septiembre de 2025

Xornal21.es
Lunes, 17 de Febrero de 2020 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Sesión formativa sobre futbol base no Porriño

A Concellería de Deportes celebrará mañá martes 18, en horario de tarde, unha Xornada para a Educación e Formación no Futbol Base en colaboración co club local “Porriño Industrial”. Contará con tres relatores con amplos coñecementos. Son Carlos Lago, Pep Marí e Elena Casal.


A sesión comezará ás 16,30 horas no Centro Cultural Municipal, con entrada de balde ata completar aforo.
O orimeiro relator será Carlos Lago, catedrático de Educación Física e Deportiva na Universidade de Vigo, consultor e analista de varios clubs profesionais e colaborador en diversos medios de comunicación. A súa charla titulase como un dos seus libros: “Gañar, gañar e gañar sen deixar de educar”.


A segunda ponencia será de Pep Marí, psicólogo deportivo que traballa no Centro de Alto Rendemento (CAR) de San Cugat. Ademais durante dúas tempadas foi o psicólogo do R.C.D Espanyol de Barcelona.  A súa charla chamase “Ser só pais”.


A terceira quenda correrá a cargo de Elena Casal, árbitra de futbol con máis de 15 anos de experiencia. Ten dirixido partidos dende categorías inferiores ata Terceira División Masculina e actualmente na Primeira División Femenina Liga Iberdrola. O seu relato titulase “O futbol base dende a perspectiva da arbitraxe”.


A sesión formativa remata cun coloquio coas preguntas dos asistentes ós tres ponentes.  


Todos os asistentes á Xornada deberán acudir cun kilo de alimentos non perecedoiros para “SOS Porriño” como ven sendo habitual nas citas vencelladas co deporte.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.208

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.