VIGO
A Xunta analiza cos veciños de Valadares e Pereiró a mellora da estrada PO-330
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, xunto co director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Corina Porro, abordou esta semana o avance na redacción do proxecto
A Xunta de Galicia analizou cos veciños de Valadares e cos comerciantes de Pereiró o proxecto de mellora da seguridade viaria da estrada PO-330 no concello de Vigo.
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, xunto co director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, analizou esta mañá o proxecto coa Asociación de Comerciantes de Pereiró e coa Asociación de Veciños de Valadares.
Os obxectivos deste proxecto, no que a Xunta investirá máis dun millón de euros, son a mellora da seguridade na estrada Vigo- Vincios, no treito entre os puntos quilométricos 5+700 e 6+800, en Valadares, así como a urbanización da contorna de Pereiró.
O proxecto contempla o acondicionamento dos primeiros 450 metros da estrada, entre a glorieta que está fronte ao cemiterio de Pereiró e serve de enlace co vial da Universidade. Coidarase especialmente a disposición das prazas de aparcadoiro.
En Valadares prevese a construción de dúas glorietas, unha delas para mellorar o acceso á piscina, ao pavillón e á sede da asociación de veciños, e outra para mellorar a intersección coa estrada da A Garrida
Na contorna do Colexio Barreiro, achegarase o paso de peóns do punto quilométrico 3+210 ao centro, tomando as medidas de calmado de tráfico precisas.
Na zona do Portal, no punto quilométrico 4+300, acometerase unha glorieta para facilitar o acceso á piscina e os cambios de sentido no vial. Tamén se executará un muro de contención e se canalizará parte dun regato.
Tamén se prevé unha glorieta na intersección coa estrada A Garrida-Valadares, posto que se trata dun cruce cun tráfico de vehículos pesados elevado ao dar servizo a dous polígonos industriais, unha canteira, o miradoiro do monte Alba e estar moi próximo á AG-57.
Na parroquia de Valadares, entre os puntos quilométricos 6 e 6+700, executarase un carril central de espera para resolver de forma segura o acceso ao colexio Andersen.
O proxecto tamén inclúe a reparación de beirarrúas nesta estrada e a mellora da sinalización e a iluminación dos pasos de peóns.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217