VIGO
A incorporación da Universidade de Vigo multiplica o alcance do proxecto do barrio creativo
O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e o reitor da UVigo, Manuel Reigosa, asinan un protocolo de colaboración no novo proxecto para o Casco Vello
O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e o reitor da Universidade de Vigo (UVigo), Manuel Reigosa, asinaron esta semana un protocolo de colaboración polo que a institución académica se suma como socio ao proxecto Vigo crea. Barrio creativo, iniciativa impulsada pola Xunta de Galicia e o Consorcio Casco Vello que ten como obxectivo fomentar o talento local e a actividade de emprendedores culturais. Trátase dun acordo a través do que ambas institucións suman esforzos para o impulso deste plan, que persigue poñer en valor as industrias creativas e turísticas da contorna e Galicia. No acto tamén estiveron presentes a delegada da Xunta en Vigo e presidenta do Consorcio Casco Vello, Corina Porro, e o director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo.
Tras a sinatura do protocolo, o titular de Cultura e Turismo destacou a relevancia do apoio da Universidade de Vigo a este proxecto, que multiplica así o alcance e as metas ás que Vigo Crea pode aspirar. “Estamos ante un proxecto pioneiro que desde hoxe conta coa forza da UVigo e o talento dos futuros emprendedores que saian destas aulas”, salientou Román Rodríguez, quen agradeceu a disposición do equipo reitoral para incorporarse ao Barrio Creativo, “un aliado co que gaña Vigo e gañan todos os vigueses”, declarou o conselleiro.
Proxectos nacidos no ámbito académico, vencellados ás industrias creativas, poderán formar parte desta iniciativa para continuar o seu crecemento
O protocolo asinado permite axilizar os tempos para que Vigo Crea. Barrio Creativo sexa unha realidade nos próximos meses. Neste sentido, contempla o desenvolvemento de liñas de actuación conxuntas e facilita a cooperación entre a Xunta e a Universidade. Entre outras medidas, propiciarase que novos proxectos seleccionados por esta poidan albergarse en espazos do Casco Vello de Vigo, que serán cedidos ao Goberno galego polo Consorcio.
Mentoring e accións conxuntas
Deste modo, ideas nacidas no seo da Universidade poderán formar parte de Vigo Crea, que contará con accións de mentoring e acompañamento para o progreso dos mesmos. Igualmente, as futuras sedes do CGAC e a UVigo na praza do Berbés poñeranse a disposición das partes para levar a cabo iniciativas e programación de carácter cultural.
Unha comisión de seguimento, integrada por representantes da Xunta e da Universidade, encargarase máis adiante de aprobar un plan de actuacións anuais no que se recollerán de maneira detallada as colaboración no marco do proxecto Vigo Crea. Barrio Creativo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217