Lunes, 23 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 20 de Febrero de 2020 Tiempo de lectura:
MOS

Mos saca a concurso todos os contratos de servizos e subministros

Os de subministro de material de oficina, de mantemento de equipos de calefacción e climatización e a limpeza viaria atópanse xa en prazo de presentación de ofertas

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro mosense de Facenda e Contratación, Alberto Méndez, anunciaron onte unha nova medida en materia de aforro, que suporá unha importante reducción de gasto para as arcas municipais, consistente en sacar a concurso público a contratación de todos os servizos e subministros municipais.

 

Precisamente os representantes locais, Arévalo e Méndez, informaron de que esta mesma tarde aprobaranse en Xunta de Goberno Local os expedientes de contratación de subministro de productos de limpeza e de servizo de mantemento de alumeado público. E comunicaron que hai tres concursos ya abertos en prazo de presentación de ofertas para as empresas, que son: o de subministro de material de oficina, o de mantemento de equipos de calefacción e climatización e o de servizo de limpeza viaria (desbroce de cunetas).

 

O prazo de presentación de ofertas para material de oficina rematará o vindeiro 26 de febreiro e os de mantemento de equipos de climatización e de limpeza viaria permanecerán abertos ata o 3 de marzo.

 

Tamén saen a concurso o mantemento de zonas verdes, o subministro de combustible de calefacción, o servizo de prevención de riscos laborais, o aluguer de maquinaria de vías e obras, o subministro de material para vías e obras, o renting de vehículos municipais e o servizo de punto limpo. Todos eles atópanse en proceso de adxudicación e a eles sumaranse os que se irán sacando próximamente como os seguros, o servizo de subministro eléctrico…, etc. así ata completar todos os servizos e subministros municipais da administración local mosense.

 

Con este sistema de contratación producirase un cómputo de aforro de, alomenos, un 10% do total do orzamento municipal anual e entre un 10 e un 20% de aforro económico en cada servizo.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.