PONTEAREAS
Política Social felicita a Aldeas Infantiles polo seu labor
A directora xeral de Familia, Infancia de Dinamización Demográfica, Amparo González, visitou esta semana as instalacións que esta entidade ten en Ponteareas
A directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González, visitou esta semana o centro de atención de día para menores de Ponteareas, onde felicitou a Aldeas Infantiles polo seu labor no apoio socioeducativo e familiar dos menores usuarios.
Este centro forma parte da rede de instalacións que a entidade ten pola nosa Comunidade e coa que a Administración autonómica mantén unha colaboración regular. Amparo González gabou o traballo realizado pola entidade para proporcionar unha atención especializada e adaptada ás necesidades dos menores e favorecer así ao seu pleno desenvolvemento persoal.
O Goberno galego destaca a importancia da colaboración con entidades especializadas na atención e protección da infancia
A directora xeral destacou a importancia de que as administracións manteñan un contacto directo coas diferentes entidades especializadas na atención á infancia para garantir unha atención de calidade e individualizada a cada caso. Neste sentido, agradeceu a Aldeas Infantiles por contar coa Xunta de Galicia nos seus proxectos e iniciativas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163