Jueves, 02 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 20 de Febrero de 2020 Tiempo de lectura:
Salvaterra de Miño

Trinta profesionais e voluntarios de Protección Civil e emerxencias fórmanse en Seganosa

A XUNTA APOSTA POLA FORMACIÓN ESPECIALIZADA PARA MELLORAR A XESTIÓN DAS EMERXENCIAS TRANSFRONTEIRIZAS

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, visitou hoxe aos profesionais e voluntarios dos servizos de Protección Civil e emerxencias que están a formarse nun simulacro sobre como intervir en situacións multirisco

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, destacou hoxe as vantaxes da formación especializada para acadar unha maior eficiencia na atención e a xestión das emerxencias transfronteirizas. Por iso, sinalou a importancia de levar a cabo accións formativas conxuntas entre os servizos de emerxencias nas zonas entre Galicia e Portugal para intercambiar e actualizar coñecementos, fomentar o traballo compartido en distintos tipos de intervencións e probar o material co que traballan os efectivos a ambos lados da fronteira.

 

[Img #60664]

 

Así o expuxo na súa visita hoxe aos 30 profesionais e voluntarios de Protección Civil e emerxencias de Galicia, Castela e León e Portugal que se están a formar nas instalacións da empresa Seganosa nun simulacro derivado da estandarización de protocolos operativos e tácticas de actuacións ante situacións multirrisco. Á visita tamén acudiron o xerente da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), Marcos Araújo, e o subdirector xeral de Planificación e Protección Civil, José Antonio Grandas.

 

A actividade formativa inclúese nos cursos e simulacros do proxecto ARIEM+ nos que participarán 300 membros de 20 servizos operativos de Galicia, Castela e León e Portugal

 

Esta actividade inclúese na formación especializada promovida pola Xunta que se imparte no marco do proxecto europeo ARIEM+ de cooperación transfronteiriza en emerxencias financiado ao abeiro do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional Interreg España-Portugal. Máis de 300 membros de 20 servizos de emerxencias que dan cobertura a zonas da fronteira entre España e Portugal participarán nos cinco simulacros e cinco cursos previstos neste programa.

 

[Img #60663]

 

No simulacro que se está a realizar en Salvaterra de Miño, os alumnos poden comprobar os resultados da aplicación de protocolos operativos coa participación de servizos de emerxencias transfronteirizos e os beneficios do traballo de forma coordinada.

 

Nos outros exercicios prácticos desta formación especializada, os participantes adquirirán coñecementos sobre a posta en marcha dunha Rede de Mando Operativo Único para coordinar emerxencias de envergadura e aprenderán a manexar as tecnoloxías dispoñibles para empregar nestas situacións. Ademais, noutros cinco cursos coñecerán tamén protocolos comúns ante situacións multirisco, os novos dispositivos que se poidan incorporar aos servizos e os aspectos xurídicos a ter en conta na mobilización de medios fóra das fronteiras nacionais para a xestión de emerxencias en grandes catástrofes transfronteirizas.

 

O director xeral de Emerxencias incidiu en que estas actividades contribúen a aumentar a capacidade de adaptación dos servizos de emerxencias fronte os riscos naturais transfronteirizos provocados polo clima ou as actividades humanas. No marco do proxecto ARIEM+, a Xunta e os seus socios de Castela e León e Portugal traballan na xestión conxunta dos recursos humanos e materiais en situación de risco para mellorar a atención e a coordinación das emerxencias, xunto coa identificación dos riscos da zona e a posta en marcha  dun plan de actuación contra eles.

 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.