Sábado, 01 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 21 de Febrero de 2020 Tiempo de lectura:
OIA

Entroido cheo de actividade e diversión en Oia

[Img #60668]O entroido chega este venres a Oia cheo de actividade e diversión para os máis pequenos e pequenas do municipio. Os actos festivos arrancarán ás 10.30 horas cun desfile de disfraces organizado polo CEIP Mestre Manuel García.

 

A comitiva, formada pola comunidade escolar, levará a festa e os seus coloridos disfraces polas rúas e prazas do barrio histórico do Arrabal, pasando pola Praza Centinela.

 

Xa o sábado, a Casa Cultural de Mougás acollerá unha festa infantil organizada polo Concello de Oia coa colaboración da Asociación Veciñal de Mougás. Entre as 17.00 e as 19.00 horas haberá música, animación, un desfile e maquillaxe, ademais dunha merendola para as persoas asistentes.

 

Tradicional Festa do Galo de Mougás

O luns, a parroquia de Mougás celebrará a súa tradicional Festa do Galo, organizada pola Asociación Veciñal a partires das 16.30 horas. As persoas asistentes poderán participar no desfile para facer entrega do galo a dúas persoas maiores do pobo.

 

Cada neno ou nena terá que levar un limón, unha laranxa e un ovo, que despois se doarán. Despois do desfile e a entrega do galo, a festa rematará cunha merenda. A actividade será gratuíta para as persoas socias e terá un custo de 2 euros para as non socias.

 

Os preparativos da festa faranse o sábado pola mañá na Casa Cultural: de 11.30 a 13.30 horas haberá unha xuntanza para facer traballos manuais con canas e flores. Nestas manualidades poderán participar tanto os nenos e nenas como as persoas adultas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.