Miércoles, 15 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 14 de Abril de 2026 a las 20:46:44 horas

Xornal21.es
Domingo, 23 de Febrero de 2020 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Oito mozas e mozos de Ponteareas fórmanse para a mediación en lecer nocturno

Oito mozas e mozos de Ponteareas, acompañados da técnica municipal responsable de voluntariado, Rocío Márquez, participaron esta semana no XIV curso de formación de mediadores/as en lecer nocturno xuvenil que se celebrou en Gijón.


O concelleiro de Mocidade e Voluntariado, Miguel Bouzó, insiste na importancia de apoiar as inquedanzas da mocidade respaldando accións formativas e actividades que os completen como persoas e como futuros profesionais.


“O obxectivo do curso é formar a grupos de mozas e mozos ou de profesionais que estean en contacto directo coa mocidade, desde a metodoloxía da participación e a intervención comunitaria, para que sexan elas e eles mesmos quen poñan en marcha accións preventivas en drogodependencias no marco do lecer xuvenil nas súas localidades”.


As voluntarias e voluntarios Alba Castro Pérez, Daniel Costa Melón, Inés Pereira Martins, Iria Pérez Rodeiro, Lara Macías, Loreto Gil Pazos, Noelia Sánchez Souto e Pablo Costa Melón, que participan nos programas e actividades da oficina municipal de voluntariado, asisten a esta formación organizada pola asociación xuvenil “Abierto hasta el amanecer” coa colaboración da Delegación do Goberno para o Plan Nacional sobre Drogas e o concello de Gijón, asumindo o Concello de Ponteareas o seu desprazamento á cidade.


No marco desta iniciativa, as voluntarias e voluntarios ponteareáns participarán na segunda parte desta acción formativa, que terá lugar no mes de xuño en Sant Boi de Llobregat, Cataluña.


Ponteareas é o único Concello galego seleccionado para participar nesta formación, que supón un paso máis na consecución dunha sociedade participativa, implicada, responsible e formada.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.53

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.