Sábado, 17 de Enero de 2026

Xornal21.es
Domingo, 23 de Febrero de 2020 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación aproba axudas para contratación en 9 concellos da provincia

A quinta relación da Liña 3 do Plan Concellos 2020 beneficiará a Cambados, Campo Lameiro, Forcarei, A Lama, Meis, Nigrán, Salceda de Caselas, Soutomaior e Tui

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra resolvía este venres a quinta relación da Liña 3 do Plan Concellos 2020. En concreto esta nova concesión de subvencións estará dotada de 1.349.376,84 euros para que Cambados, Campo Lameiro, Forcarei, A Lama, Meis, Nigrán, Salceda de Caselas, Soutomaior e Tui poidan contratar a un total de 133 traballadoras e traballadores municipais.

 

Máis polo miúdo, Cambados recibirá 213.125,72 euros para contratar a 21 persoas traballadoras, 1 técnico ou técnica en medio ambiente, 2 operarios o operarias de mantemento, 8 auxiliares administrativos, 4 auxiliares de cultura, 1 traballador ou traballadora social, 1 arquitecto ou arquitecta técnica, 1 técnico ou técnica en organización, 1 educador ou educadora familiar e 2 persoas de limpeza. Pola súa banda, Campo Lameiro terá a súa disposición 83.371,21 euros para contratar a 12 persoas, 2 condutores ou condutoras tratorista, 3 peóns ou peoas forestais, 3 peóns ou peoas de obras públicas, 1 auxiliar administrativo, 1 persoa de albanelaría e 2 monitores ou monitoras deportivas.

 

No caso de Forcarei, 124.997,16 euros para contratar 9 persoas traballadoras, 1 peón ou peoa de recollida de lixo, 1 peón ou peoa forestal, 3 peón ou peoas de obras públicas, 1 condutor ou condutora de camión de lixo, 2 tractoristas, 1 persoa de albanelaría. En canto á Lama, a Deputación achega 91.345,32 euros para 13 persoas traballadoras, 1 auxiliar administrativo, 2 operarios ou operarias de movemento de terras, 7 peóns ou peoas forestais, 2 peóns ou peoas de limpeza e 1 persoa de conserxería. Pola parte de Nigrán, 224.795,72 euros para empregar a 22 persoas, 2  oficiais de albanelería, 17 peóns ou peoas forestais e 3 conserxes, e para Meis 108.905,49 euros para contratar 2 persoas de albanelaría, 1 electricista, 1 fontaneiro ou fontaneira, 1 pintor ou pintora, 2 carpinteiros ou carpinteiras e 2 peóns ou peoas de obras públicas.

 

Para Salceda de Caselas concedeuse 146.947,95 euros para contratar a 12 persoas traballadoras, concretamente 1 orientador ou orientadora laboral, 1 técnico ou técnica en medio ambiente, 1 técnico ou técnica en igualdade, 1 bibliotecario ou bibliotecaria, 5 peóns ou peoas de limpeza, 1 persoa de albanelería e 2 peóns ou peoas forestais. No caso de Soutomaior, 124.552,66 euros para 17 traballadores e traballadoras, 2 axudantes ou axudantas de biblioteca, 2 oficiais de albanelería, 1 fontaneiro ou fontaneira, 9 peóns ou peoas forestais, 1 podador ou podadora, 1 axudante ou axudanta de arquivo e 1 xardineiro ou xardineira.

 

Por último, para Tui a Deputación achega 231.335,61 euros para empregar a 18 persoas, 2 condutores ou condutoras, 2 auxiliares administrativos, 1 oficial ou oficiala de albanelería, 1 oficial ou oficiala soldador, 2 auxiliares administrativos de biblioteca, 4 animadores ou animadoras turísticos 6 persoas para desbrozar.

 

A selección deste persoal faise, entre persoas desempregadas, a través do Servizo Público de Emprego e os contratos estenderanse ata o 31 de decembro deste ano 2020.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.