Sábado, 17 de Enero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 20 de Febrero de 2020 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación aproba novas subvencións por case 300.000 euros

Os festivais de música e artes escénicas contarán con axudas por 150.000 euros mentres que a contía destinada aos festivais audiovisuais será de 130.000 euros

A Deputación de Pontevedra aprobará este venres 21 de febreiro en Xunta de Goberno as novas bases de subvencións a entidades sen fins de lucro para apoiar o desenvolvemento de festivais de música e artes escénicas e de festivais audiovisuais na provincia durante o ano 2020. Os primeiros contarán con subvencións cun importe total de 150.000 euros mentres que a contía destinada aos festivais audiovisuais será de 130.000 euros, tal e como informou a presidenta da Deputación de Pontevedra.

 

En palabras de Carmela Silva as axudas aos festivais de música e artes escénicas teñen como obxectivo “promover, fomentar e difundir as actividades teatrais e musicais”. Estes certames “deben ter unha duración mínima de dúas xornadas e contar cun mínimo de oito grupos”. Amais, “as propostas teñen que incluír na súa programación actividades paralelas de posta en valor da música galega ou do teatro así como promover a nosa lingua”.

 

 

 

 

A Deputación de Pontevedra leva aprobadas en menos dun mes subvencións para promover a cultura por valor de 1,8 millóns de euros

 

 

 

 

Pola súa banda, os festivais audiovisuais que opten a estas subvencións deberán cumprir unha serie de requisitos. Deben levarse a cabo durante o 2020, ter una duración mínima de catro xornadas e realizar un mínimo de 20 proxeccións e incluír na súa programación, como mínimo, cinco sesións ou un 10% de títulos de produción cinematográfica ou de dirección galegas. Amais, os festivais que opten as estas subvencións provinciais tamén han de levar un mínimo de dúas edicións consecutivas anteriores a esta convocatoria e incluír na programación actividades paralelas educativas ou formativas.

 

A presidenta do ente provincial puxo en valor a actividade cinematográfica e audiovisual que “conforman un sector estratéxico da nosa cultura e da nosa comunidade”. Silva subliñou que “somos unha gran potencia audiovisual e estamos a recibir premios nacionais e internacionais. Polo tanto, ten que ser algo polo que apostemos moi seriamente”.

 

A Presidenta quixo lembrar que “nas últimas semanas aprobáronse tamén as bases de Musigal, para promover a música profesional feita na nosa provincia e en Galicia, por 614.000 euros. Tamén se aprobaron as de Pontegal, para favorecer que todos os grupos culturais, de teatro, de música, de performance... que non son profesionais poidan ter recursos para desenvolver as súas actividades, por 900.000 euros. Polo tanto, estamos falando que en menos dun mes estamos aprobando bases para promover a cultura por valor de 1,8 millóns de euros sen contar o resto de programas culturais propios que ten a Deputación”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.