Vigo
A obra da Avenida de Madrid licitarase no mes de xuño
O alcalde avanzou este prazo logo da reunión mantida en Madrid co ministro de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana con quen “constatou que os proxectos máis importantes da cidade van a velocidade imparable”
Abel Caballero e José Luis Ábalos abordaron no seu encontro o estado da relación dos proxectos de Vigo co Ministerio constatando que “todos aqueles proxectos que son os máis importantes da historia da cidade e que financia case na súa totalidade o actual Ministerio de Transportes van a velocidade en tempo, prazos e de forma imparable”.
José Luis Ábalos confirmoulle ao alcalde de Vigo que o día 6 finalizou o prazo de exposición pública do proxecto de remodelación da Avenida de Madrid, que dispón dun proxecto redactado por valor de case 300.000 euros, e cuxo orzamento estimado é de 13,4 millóns de euros dos que o Ministerio para dous terzos, case 9 millóns de euros, e o Concello un terzo: 4,4 millóns de euros. O Ministerio encargou o proxecto construtivo xa e o goberno municipal será o responsable da licitación da obra que prevé para o mes de xuño, segundo adiantou o alcalde.
En relación ao AVE Vigo-Madrid directo por Cercedo o rexedor sinalou que, por parte do Goberno de España, “continúa en tempo e prazo” dado que xa se está realizando o estudo hidroxeolóxico, coa recollida dos datos polo que os prazos aos efectos da súa finalización contan desde o ano pasado.
Abel Caballero transmitiulle ao ministro Ábalos o acordo acadado polo Concello con ADIF para a transformación dos terreos que posúe o Administrador de Infraestruturas Ferroviarias en Isaac Peral en zonas verdes deportivas, un “exemplo claro” dos obxectivos da axenda urbana tomando unha parte degradada da cidade e convertela nunha zona verde de ocio e deporte de uso cidadá. Ao respecto das obras da muralla do Castro, confirmaron que xa están iniciadas e contan cun prazo de execución de 7 meses.
O rexedor valorou co ministro a obra da estación de Vialia que prevé empregar a máis de mil persoas e que ten un orzamento de 12 millóns de euros, do que ADIF achega o 75%, o Concello o 21% e Xunta o 4,6%. As obras do túnel desde Lepanto á AP9 comezarán o vindeiro mes de marzo cun prazo de execución de 17 meses. O Concello e o Ministerio de Fomento avanzan tamén no proxecto de humanización dos espazos intersticiais entre a estación e a autoestrada, cun orzamento de 900.000 euros, ao que cómpre sumarlle a urbanización da praza da Estación por un valor de 1,6 millóns de euros que xunto aos núcleos intermodais suma un investimento, a maiores da obra de Vialia, de 3,5 millóns de euros.
En referencia á autovía en túnel a Porriño, dende o Ministerio de Transportes informaron ao rexedor de que a empresa continúa con acopio de datos, xa pediron información ao Concello que constatou que se avanza neste proxecto que supón “acabar unha autovía inacabada”. Sobre a Vía verde, o rexedor trasladou que está en proceso unha nova licitación, logo da renuncia da adxudicataria agradecéndolle ao ministro as facilidades e a cesión do solo.
Ademais, Abel Caballero trasladoulle ao Ministro o proxecto EDUSI que desenvolve o goberno municipal con ramplas, escaleiras e ascensores que se enmarca nunha axenda urbana de eficiencia e loita contra o cambio climático.
Gago valora “moi negativamente o encontro”
Pola súa banda o deputado do PP no Congreso, Diego Gago, lamentaba que “Abel Caballero e do ministro de Transportes, José Luis Ábalos, non se puxesen sobre a mesa os temas estratéxicos da cidade, comprometendo orzamento e anunciando prazos”. Gago valora “moi negativamente o encontro que mantivo Caballero, en nome da FEMP e non como alcalde, con Ábalos”.
O deputado Diego Gago pregunta “onde están os temas que verdadeiramente afectan á cidade: a supresión da peaxe Vigo-Redondela, a conversión da autoestrada en vial urbano ao seu paso por Teis e as ligazóns en Buenos Aires, o Corredor Atlántico de Mercadorías, o saída sur da cidade por ferrocarril, os accesos ao Ifevi desde a autoestrada ou o soterramento da VG-20 ao seu paso por Navia”. “De ningún destes temas hai orzamento nin prazos. É máis, non falaron nada de ningún destes temas”, afirma Diego Gago. “Trataron asuntos que xa foron conseguidos polo goberno do Partido Popular. Por exemplo: a avenida de Madrid, que xa a asinou Ana Pastor cando era ministra e agora o POSE reduce a contía. Ou a nova autovía Vigo-O Porriño por Mos, para a que xa había comprometidos 337 M€ ou o AVE directo a Vigo por Cerdedo, no que o único que fixeron é demorar tres anos a decisión para saber se se executa ou non”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217