Lunes, 29 de Septiembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 21 de Febrero de 2020 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Naturgy restablece a electricidade ao Concello tras un compromiso de pago

Tanto o Mulitusos de Torneiros como o Centro de Día de “AFAGA” e outras instalacións municipais do Concello do Porriño teñen plenamente normalizado o suministro eléctrico. A empresa “Naturgy” restaurou o servizo nos centros de distribución despois da xestión da alcaldesa, Eva García que formulou onte unha queixa ante a dirección provincial da suministradora polo seu proceder.

 

A empresa “cortou onte, de xeito unilateral, abusivo e ilegal”, segundo valorou a alcaldesa, o abastecemento eléctrico en instalacións dependentes do Concello do Porriño que “teñen consideración de servizos esenciais tanto pola lexislación de regulación eléctrica como pola numerosa xurisprudencia existente”, afirmou.

 

A alcaldesa lembrou que Goberno municipal e Naturgy están a manter conversas dende hai meses polos importes e tarificacións realizadas pola eléctrica durante 2019 e 2020. Tratase dun asunto complexo porque “Naturgy” libra 150 facturas cada mes. Como exemplo baste decir que no ano 2018, un 40% das facturas eran erróneas No que atinxe a 2019, expediu 1.500 facturas ao Concello do Porriño. Semellante chea de facturas complican e ralentizan a tramitación e comprobación aos funcionarios municipais.

 

Na reunión a cordaron que o Concello procederá ao recoñecemento e pago das facturas verificadas ademáis de aboare as facturas pendentes deste exercicio de 2020.

 

Eva García fala de “esquizofrenia” no PP

A alcaldesa valorou a posición do PP de Porriño que tildou de “paradóxica; coido que viven nunha constante esquizofrenia entre o que din e o que fan” a propósito do comunicado emitido onte polo grupo de oposición.

 

“Piden a miña dimisión porque non pagamos facturas e quero lembrar que este Goberno Municipal, con data 30 outubro aprobou en pleno ordinario e realizou o pagamento dunha remesa de facturas de “Naturgy” dos exercicios de 2017 e 2018 por un importe global de 202.915,62 €. Por certo aprobación plenaria cos votos da maioría formada por PSOE, BNG, EU Son e UDDL mentres que o Partido Popular oponíase a pagar, plantexou unha revisión de oficio das facturas que alongaria 4 anos o trámite e finalmente votou en contra de aboar”, recordou Eva García.

 

A alcaldesa engadiu que “o PP o que tería que facer é non alegrarse de situación que perxudican ó Concello e poñerse a disposición para colaborar en atopar solución; en suma colaborar e non bloquear”. Eva García comparou a postura do PP coas reaccións de EU Son e UDDL que valorou como “impecables”. A rexidora recibiu chamadas tanto de Pedro Ocampo coma de Manuel Carrera que mostraron interese por ser informados e disposición de colaborar.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.170

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.