Vigo
A Xunta acorda duplicar a inversión nos accesos da Estación Intermodal de Vigo
A sinatura da adenda permítelle ao Concello de Vigo adxudicar as obras que lle corresponde executar, xa en licitación, no túnel entre a rúa Lepanto e a AP-9
O Consello da Xunta acordou hoxe duplicar a achega económica autonómica para a execución dos accesos da estación intermodal Vigo e Vialia, o que suporá un investimento conxunto de 21,4 millóns de euros. Isto comportará que a achega económica da Xunta de Galicia pasará de 1,7 millóns a máis de 3,4 millóns de euros.
O Goberno galego autoriza a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade para a sinatura da addenda ao convenio subscrito o 31 de maio de 2018 co Concello de Vigo e a entidade empresarial ADIF, tras constatar a suba dos custos da estimación inicial, unha vez finalizados os proxectos construtivos, pola conveniencia de aumentar o alcance das actuacións proxectadas.
Na addenda ao convenio autorizado hoxe polo Executivo galego incorpóranse as novas actuacións que mellorarán o conxunto intermodal, como a urbanización dos espazos intersticiais e o núcleo de comunicacións intermodal, así como a mellora da urbanización da praza da estación. A finalización das actuacións prevese para o ano 2021.
As obras propostas no conxunto intermodal planificado en Urzaiz permitirán así comunicar o Centro Vialia, a estación de ferrocarril e a nova estación de autobuses coa súa contorna urbana inmediata, co obxecto de facilitar os desprazamentos.
Avanzando na intermodalidade
En febreiro de 2019, licitáronse os contratos para a obra da terminal de autobuses integrada na nova estación intermodal de Vigo e a parte dos accesos e dos túneles que chegan ata ela, cun orzamento de case 16 millóns de euros e cofinanciado nun 80 % con cargo ao fondo europeo Feder 2014-2020.
Estas obras na terminal de autobuses de Vigo iniciáronse en outubro do 2019 e dispoñen dun prazo de execución estimado de 18 meses.
Coa aprobación hoxe do incremento da achega autonómica ao financiamento dos accesos, o investimento na estación intermodal de Vigo acada case os 18 millóns de euros.
En paralelo, as obras do centro Vialia, que inclúe a zona de embarque da estación de ferrocarril, iniciábanse a principios do ano 2019, coa previsión de executalas nun prazo de 24 meses.
Coa sinatura da addenda do convenio, o Concello de Vigo poderá tamén contratar a execución da parte dos accesos no túnel entre a rúa Lepanto e a AP-9, cofinanciados pola Xunta de Galicia, o Concello e Adif, e cuxa obra está xa en licitación.
Complétanse as actuacións incluídas na addenda coa execución por parte da Xunta de Galicia dos núcleos de comunicación intermodal, e por parte do Concello de Vigo da urbanización dos espazos intersticiais e da praza da estación. Estas intervención están en fase de proxecto e a previsión é inicialas neste mesmo ano.
Unha vez executados os accesos á futura estación de autobuses, á estación de ferrocarril e ao Centro Vialia axilizarase para o usuario o intercambio modal e dotarase o Concello de Vigo dunha mellora nas prestacións ofrecidas aos cidadáns e, en xeral, para os usuarios, ao se eliminaren obstáculos.
O Goberno galego está a apostar con determinación pola intermodalidade en Galicia, a través do deseño de infraestruturas funcionais, eficientes e estéticas que permitan un intercambio áxil e seguro entre os distintos modos de transporte.
Cómpre lembrar que precisamente no marco do convenio subscrito o 31 de maio de 2018, o Consello da Xunta aprobaba en outubro dese mesmo ano o proxecto conxunto da estación intermodal de Vigo e os seus accesos, o que posibilitaba a súa execución a pesar da falta de plan xeral de ordenación municipal na cidade. Isto foi posible grazas á súa tramitación segundo a Lei 3/2016, o que permitiu licitar as obras da nova estación de autobuses e os accesos, así como iniciar a execución do Centro Vialia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217