GALICIA
Unha tese doutoral para facer as sentenzas xudiciais máis accesibles
A avogada e investigadora da Universidad Nacional de Educación a Distancia, Ana M. Castro, visitou este venres a usuarios do servizo xurídico da Asociación Érguete para comprobar a súa capacidade de comprensión das sentencias xudiciais
A semana pasada os usuarios e usuarias do servizo xurídico da Asociación Érguete recibiron a visita da avogada e investigadora da Universidad Nacional de Educación a Distancia, Ana M. Castro, para contribuír na investigación da súa tese doutoral, coa que procura facer máis accesibles as sentenzas xudiciais para persoas consumidoras ou ex-consumidoras de drogas, para persoas con diversidade funcional e para persoas en prisión.
Para un dos traballadores do equipo xurídico da Asociación, David Martínez, o obxectivo da tese doutoral de Ana M. Castro é “unha gran nova para as persoas coas que traballamos”. “Moitos e moitas delas non entenden a sentenza que reciben do Xulgado pola linguaxe e a extensión. Precisan da nosa supervisión constante para poder acatala ou recorrela”, e por elo é “indispensable facelas máis accesibles”, incide Martínez.
Castro está desenvolvendo unha tese doutoral para facer lexibles e accesibles as sentenzas xudiciais. Na actualidade unha boa parte das persoas consumidoras ou ex-consumidoras non as entenden, e precisan axuda constante do servizo xurídico da Asociación Érguete
Para a investigadora unha resolución xudicial debe “estar escrita cunha linguaxe sinxela e pensada para ser comprendida a través dunha lectura fácil”, explica. Ademais Castro recalca a importancia de adaptar estas sentenzas para que as persoas poidan sentirse participes do procedemento xudicial, aumentando así a súa autoestima e a súa integración no sistema. “Puntos esenciais para mellorar a súa calidade de vida”.
O traballo de Castro coas persoas usuarias da Asociación consistirá en tres sesións de traballo. Primeiro un traballo de comprensión sobre as sentenzas que recibiron, despois a redacción dun texto adaptado e accesible á persoa e por último un cuestionario de valoración, que vai dende preguntas sobre o grado de satisfacción persoal á autonomía e independencia adquirida.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129