SALCEDA DE CASELAS
Salceda demanda información do novo Plan de Transporte
O Concello de Salceda de Caselas ven de manifestar nun comunicado emitido á prensa a súa preocupación "ante a falta de información por parte da Xunta así como da empresa adxudicataria dos horarios de autobús que estará vixente no municipio dende 24 de febreiro, día en que se producirá o cambio de empresa, pasando a pertencer o servizo a Monbús".
A día de hoxe o Concello asegura que non ten ningún tipo de comunicación "onde se informe do cambio de empresa nin dos posibles cambios de horarios que poidan existir, feito que preocupa especialmente, conscientes dos graves problemas que poden carrexar estes posibles cambios á veciñanza ante este total descoñecemento da situación".
"O Concello ten xa solicitado á Dirección Xeral de Mobilidade toda a información que poida facilitarse do novo servizo, sen que a día de hoxe se teña recibido resposta". Lamentan dende o Concello que "a Xunta non tivese a ben informar coa antelación suficiente tanto ás persoas afectadas como ao Concello, por ser a administración máis próxima ás persoas usuarias".
Lucía Pereira, Concelleira de transporte declaraba que “a nosa preocupación por esta situación é absoluta, e lamentamos profundamente non poder facilitar información á veciñanza. Só nos queda agardar que a partires do luns non se produzan situacións que prexudiquen ás persoas usuarias do transporte público, e agardamos que dende a Xunta de Galicia se nos facilite información canto antes para poder trasladala á veciñanza” .

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186