MOS
Mos presentará este mes o maillot oficial de La Vuelta
Foi un dos puntos acordados na segunda sesión da Mesa de La Vuelta celebrada esta semana
Esta semana celebrouse na Asociación de Veciños Celado de Cela a segunda sesión da Mesa de La Vuelta. A primeira tivera lugar no Concello de Mos o pasado 30 de xaneiro.
Nesta segunda xuntanza estiveron presentes un total de 20 participantes entre os que se atopaban Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, Sara Cebreiro, concelleira de Cultura, Begoña Toucedo, concelleira de Deportes, representantes dos clubs ciclistas Corredoira e Master Louriña, representación das asociacións veciñais do municipio, representación das asociacións deportivas, representantes da Escola de Música Municipal e dos grupos de música de Mos, representación das asociacións culturais mosenses, un educador e unha usuaria de EVD Galicia en representación dos colectivos con discapacidade, representación de AEMOS, representación das ANPAS de Mos, tres integrantes da empresa Publigal, representantes da Asociación de Palilleiras de Mos, da Asociación de Mulleres Rurais Val da Louriña e da Comunidade de Montes de Mos.
Nesta Mesa decidiuse que o vindeiro venres 28 de febreiro realizarase a presentación oficial do maillot institucional do Concello de Mos conmemorativo de La Vuelta Ciclista a España no IES de Mos.
O devandito maillot utilizarase durante o presente ano 2020 como agasallo institucional da administración local mosense e poderá ser mercado tamén por particulares interesados a partir de marzo.
Tamén se decidiu organizar unha homenaxe a unha muller do mundo do deporte mosense con motivo do Día Internacional da Muller do 8 de marzo
Tamén se tratou sobre a IV Carreira Ciclista Challenge Máster e Junior que transcorrerá por Mos, O Porriño e Redondela os días 29 de febreiro e 1 de marzo. A saída de Mos será o día 29.
Así mesmo deuse conta da programación municipal conmemorativa do Día Internacional da Muller deste ano, dentro da que se organizará unha homenaxe a unha muller de gran relevancia do mundo do deporte mosense, cuxa identidade está aínda por desvelar.
E por último abordouse a posta en marcha dun concurso de debuxo infantil sobre La Vuelta. A Mesa de La Vuelta está a traballar na organización deste concurso de carteis para escolares no que poderán participar todos os colexios de Mos. O alumnado deberá confeccionar un cartel sobre a saída dunha etapa de La Vuelta Ciclista a España desde Mos, o vindeiro 3 de setembro.
Con toda a programación deseñada pola Mesa de La Vuelta transmitiranse os valores deportivos en xeral e ciclistas en particular, valores de saúde e hábitos saudables, etc.
A próxima reunión da Mesa celebrarase en marzo.
A etapa de La Vuelta que sairá desde Mos o 3 de setembro ás 13.00 horas, transcorrerá polo termo municipal durante un traxecto de 9 quilómetros, dos que aínda está pendente detallar os lugares de paso do percorrido.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58