Lunes, 13 de Abril de 2026

Actualizada Lunes, 13 de Abril de 2026 a las 21:05:59 horas

Xornal21.es
Sábado, 22 de Febrero de 2020 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

ACiP denuncia roubos "a diario" en Ponteareas

Aseguran que "a falta de Patrulla nocturna provoca que os delincuentes campen ás súas anchas".

A  Viceportavoz de ACiP Raquel Bautista Alfaya solicita ao goberno Municipal que "tome medidas xa ao que considera unha situación insostible pois moitas noites da semana non existe patrulla de policía local, o cal provoca que os veciños sufran roubos constantemente en Locais de hostalería, comercio, empresas, garaxes etc…, todo lles vale".

 

"Isto non é algo puntual, nos últimos meses é constante. Ten que haber un cambio radical na Policía Local e terminar xa con algo que non tería que ocorrer" explica.

 

"É lamentable que o goberno municipal durante as noites deixa só un auxiliar de policía nas oficinas, o cal é coma se non estivese ninguén, pois el mesmo non ten competencias e non pode realizar nada de nada. Cando lle requiren os veciños nun servizo el mesmo comunica que non ten facultades operativas coma si o farían os funcionarios de policía se estivesen de servizo" asegura.

 

Tamén critica que "o  Goberno Municipal BNG-PSOE estivo desmantelando o servizo da policía Local durante o últimos catro anos, creando unha conflitividade dentro dos axentes que desencadeou nunha situación insostible, todo indicado pola man política".

 

"No ano 2010 Ponteareas contaba con máis  de 21 axentes estando de Concelleiro o noso Portavoz Juan Carlos González Carrera, creando patrullas dobres, creando controis  disuasivos e seguridade cidadá  ao noso  Concello, logrando dar un servizo á altura das necesidades" afirma.


 
Ademáis sinala que "na actualidade a situación é ben distinta temos 10 policías menos, unha rebaixa dun 50 %. Estes axentes fóronse a outros Concellos pola conflitividade interna que creou este goberno na lexislatura pasada e que segue agora. As vacantes non se substituíron, co cal nos atopamos nesta situación, tratando de liquidalo con auxiliares, que contrataron 6 nestes momentos, porque son man de obra  manipulable para o goberno e multan indiscriminadamente. Ditas sancións son irregulares e realizan funcións para as que non están  hablitiados".

 

Raquel Bautista Alfaya: "Os veciños pagamos os impostos e non temos servizos obrigatorios por abandono político".

 

Durante os últimos meses a indignación crece e os veciños ven como os amigos do alleo acampan ás súas anchas, chegando a entrar a roubar en máis de dúas ocasións no mesmo local, "mentres o goberno mira para outro lado" asegura Bautista engadindo que "dita inseguridade é tal que moitos veciños temen da súa integridade ao acceder aos seus garaxes, os cales son pastos dos delincuentes".


"Hai certas zonas do centro urbano que non se pode pasear pola noite, o cal incrementa a inseguridade cidadá polo que solicitamos unha solución urxente, resolver este problema que é  de obrigado cumprimento por parte do goberno BNG-PSOE" conclúe a portavoz de ACIP..

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.