GALICIA
O DOG publica as unidades mixtas de investigación
Trátase da sexta edición que, este ano, mobilizará máis de 16M€ de investimento público-privado para crear ou consolidar sete Unidades Mixtas
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, defendeu a importancia de que o tecido industrial avance a través da innovación aberta e, ao respecto, apuntou que un dos programas pioneiros postos en marcha pola Xunta neste eido, as Unidades Mixtas de Investigación, abre a convocatoria para 2020 no DOG.
Trátase da sexta edición que, este ano, destina un total de 5 millóns de euros que van mobilizar máis de 16 millóns de investimento público-privado para crear ou consolidar sete Unidades Mixtas de Investigación, cofinanciadas con Fondos Feder no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.
Conde explicou que con este programa a Xunta busca incentivar a innovación na industria e nos centros de coñecemento, e que se suma a outros que se acaban de publicar estes días no DOG, como o Innova Peme, para potenciar proxectos innovadores nas pequenas e medianas empresas; ou as axudas para mellorar o equipamento dos centros tecnolóxicos galegos.
Precisamente, o conselleiro lembrou que o polígono de San Cibrao das Viñas alberga o parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole) ou o CIS Madeira, o que o dota dun importante compoñente tecnolóxico e de innovación. É, ademais, un dos maiores polígonos empresariais de Galicia, e acolle máis de 430 empresas nas que traballan 8500 persoas, xunto cun polo empresarial de automoción. Todo isto, dixo, converte este parque no verdadeiro núcleo industrial da provincia.
Lembra que o polígono de San Cibrao das Viñas alberga o parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole) ou o CIS Madeira, o que o dota dun importante compoñente tecnolóxico e de innovación
Eliminar obstáculos e promover avances
Nesta liña, salientou o traballo que está a facer a Xunta para que o tecido empresarial galego poida competir, innovar e crear emprego. E para iso, subliñou que a premisa é eliminar obstáculos e promover avances. Ao respecto, mencionou os incentivos de ata o 50 por cento na adquisición de solo industrial como unha medida destinada a atraer novos investimentos.
No concurso convocado este ano, na Cidade do Transporte de San Cibrao das Viñas hai dispoñibles máis de 23.000 metros cadrados de solo industrial bonificado ata o 50 por cento; no polígono de Vilamarín, máis de 18.700 metros cadrados en 12 parcelas, e no de Pereiro de Aguiar, catro parcelas de case 7.400 metros cadrados.
Conde concluíu que o obxectivo destas medidas é atraer novos investimentos, e destacou que apoiar o tecido empresarial tamén é facer que conte con mellores infraestruturas -como neste caso co enlace á autovía das Rías Baixas-, e que poida implantar a I+D+i e a dixitalización na súa cadea de valor.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149