Redondela
Enrique Lago repite como presidente da asociación de empresarios de Redondela
O empresario Enrique Lago seguirá á fronte dos comerciantes de Redondela tras non presentarse ningunha outra candidatura que optase á presidencia da asociación.
Na última xuntanza do equipo directivo, xa en funcións dende o pasado 16 de xaneiro, os integrantes pediron a Enrique Lago Granada que se mantivera a fronte da nova directiva e conformará unha candidatura que foi ratificada o pasado día 20 na Asemblea Xeral.
Enrique conta con importantes colaboradores e colaboradoras que se teñen convertido en imprescindibles no equipo de xestión, tal e como Rosa Amoedo, que desenvolve profesionalmente un posto de asesora financeira en Mediolanum, seguirá a fronte da Tesourería da entidade.
Explican que o reto dos vindeiros anos é traballar por mellorar as condicións financeiras para poder asumir con solvencia a xestión de novos proxectos e subvencións “nas que xa estamos a traballar e que consideramos contribuirán moi positivamente ao desenvolvemento socioeconómico do municipio”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149