Jueves, 09 de Abril de 2026

Actualizada Miércoles, 08 de Abril de 2026 a las 18:19:43 horas

Xornal21.es
Jueves, 27 de Febrero de 2020 Tiempo de lectura:
MOTOR

Os Toyota terán no verán unha función para suprimir a aceleración

Toyota Motor Corporation (Toyota) anunciou que desenvolveu unha Función de Supresión da Aceleración que aproveita o  big data, é dicir, os datos recolleitos dos vehículos conectados, para axudar a detectar un funcionamento anómalo do acelerador e controlar a aceleración. Toyota ten previsto instalar gradualmente esta función nos vehículos novos mediante a introdución dun novo Sistema de Control do Acelerador a partir deste verán -inicialmente en Xapón-.


Co obxectivo de previr accidentes graves e reducir os danos provocados polo mal uso do acelerador, Toyota introduciu en 2012 o Sónar de Separación Intelixente – Intelligent Clearance Soar (ICS)–. Actualmente, 32 modelos, que representan o 83 % da gama Toyota e Lexus, contan co ICS. Máis recentemente, en 2018, Toyota incorporou un Sistema de Control da Aceleración en caso de mal uso do acelerador nalgúns vehículos existentes. Agora, o sistema pódese instalar en 12 modelos e, desde o 31 de decembro de 2019, montouse en 20.300 unidades.


Con todo, estes dispositivos e sistemas só funcionan se os sensores detectan obstáculos tales como outros vehículos ou paredes. A nova función de Toyota busca controlar a aceleración debida a un funcionamento anómalo do acelerador, mesmo se non hai ningún obstáculo presente.


Durante a fase de desenvolvemento, Toyota tomou como referencia accidentes reais cuxa causa se consideraba que fora un mal uso do pedal do acelerador e, en particular, analizou as situacións nas que se pisou o pedal a fondo. Posteriormente, comparáronse as características desas situacións cos datos recolleitos polos vehículos conectados.


Ao combinar o sistema ICS existente coa nova Función de Supresión da Aceleración, Toyota considera que pode reducir aínda máis o número de accidentes provocados por un mal uso do pedal do acelerador en aparcamentos e outros lugares. Así mesmo, Toyota ten previsto compartir o novo sistema de forma ampla, tamén.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.