Miércoles, 08 de Abril de 2026

Actualizada Miércoles, 08 de Abril de 2026 a las 18:19:43 horas

Xornal21.es
Miércoles, 04 de Marzo de 2020 Tiempo de lectura:
MOTOR

A mala visión como causa dos accidentes de tráfico

Os Opticos-Optometristas recomendan facerse unha revisión nun establecemento sanitario de óptica polo menos unha vez ao ano

Esta época do ano acentúanse os prolemas de visión debido as condición meteorolóxicas adversas: néboa, choiva, menos horas de luz. Se a isto se lle suma a falta de lentes graduadas axeitadamente temos unha pésima combinación para coller o volante.


Según un informe do Consello Xeral de Colexios de Opticos-Optometristas (CGCOO), unha cuarta parte dos condutores padece unha anomalía visual e, a pesar diso, só a metade revisa a súa visión cada año. Trátase dun dato moi relevante se se ten en conta que o 90% das decisións que se toman ao volante depende da visión e que 8 de cada 10 condutores consideran que unha información visual inadecuada, incorrecta ou imprecisa, pode ser a antesala dun accidente.


Os españois consideran “unha mala visión” como a situación que entraña maior risco para a seguridade viaria, por diante doutras como conducir despois de tomar dúas cervexas ou utilizar o móvil ao volante.


En canto á autopercepción da calidade de visión, un de cada cinco condutores españois recoñece ter problemas de visión e o 18% valora o seu visión propia como regular ou mala.


De acordo cos datos do  CGCOO, catro de cada dez condutores utilizan algún sistema de  corrección visual: o 84% recurrea ás lentes, o 7% usa lentes de contacto, e o 8,5% ambos os sistemas. Un uso que é máis frecuente entre as persoas de maior idade, mulleres e condutores non profesionais.


A pesar de que os condutores españois parecen mostrarse moi preocupados pola súa saúde visual, o 25% dos españois entre 18 e 30 anos nunca se realizou un exame visual. Este feito supón que preto de 5 millóns de xóvenes desta franxa de idade circulen polas nosas estradas sen saber se sofren calquera deficiencia visual que deba ser compensada para poder conducir de forma máis segura, o que implica un importante perigo para a seguridade viaria. Por se iso fose pouco, o 38% de condutores presenta dificultades de visión en situacións de baixa iluminacón e o 14%, mesmo en condicións óptimas de iluminación.


Os cegamentos, que se incrementan nesta época debido ao descenso de horas de luz, xeran situacións de risco para os condutores, xa que afectan á calidade visual do condutor. Tanto é así, que 1 de cada 3 condutores afirma que os sofre “con moita ou bastante frecuencia”, un problema que dá lugar a accidentes dunha elevada letalidade e que ten entre unha das súas causas fundamentais, os problemas de visión.


Por estes motivos, o CGCOO recomenda facerse unha revisión nun establecemento sanitario de óptica polo menos unha vez ao ano e manter unha boa calidade visual para reforzar a capacidade de resposta ao volante e evitar posibles accidentes na estrada.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.