Vigo
Un falecido ao afundirse a embarcación na que faenaba preto de Illas Cíes
Outro mariñeiro permanece desaparecido
Os servizos de emerxencia localizaron esta tarde o corpo sen vida dun mariñeiro que faleceu ao afundirse o barco no que faenaba nas proximidades das Illas Cíes. Ademais, segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, no barco se atopaba outro home que permanece desaparecido.
Foi unha persoa particular quen deu a voz de alarma ao 112 Galicia preto das 16:40 horas desta tarde, ante a posibilidade de que a tripulación da embarcación houbese sufrido un contratempo mentres faenaban. Indicaba no seu relato que o barco tiña que estar de volta na súa base ao mediodía e aínda non chegara.
Decontado, os xestores do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso a Salvamento Marítimo e ao Servizo de Gardacostas de Galicia, que mobilizaron a Salvamar Mirach e o helicóptero Pesca I, respectivamente. Ademais, desde o 112 Galicia se puxo a situación en coñecemento da Garda Civil, da Policía Local e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Val Miñor.
Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, o corpo do mariñeiro falecido foi localizado polo Pesca I preto das Illas Cíes e rescatado pola Salvamar Mirach. Arestora, continúa a busca do outro membro da tripulación.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217