GALICIA
Feijóo aposta pola colaboración e a lealdade institucional para afrontar e solucionar os retos e os problemas comúns
“O crecemento e a estabilidade conséguense traballando conxuntamente na mesma dirección”, sostén
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avogou, ontre, pola colaboración e a lealdade institucional para afrontar e solucionar os retos e os problemas comúns. “O crecemento e a estabilidade conséguense traballando conxuntamente na mesma dirección”, aseverou.
Durante a xornada empresarial Innovación e sostenibilidade na industria galega, organizada por El Economista, Feijóo salientou que a colaboración e a lealdade institucional deben seguir sendo o compás que guíe a política. “As comunidades poden ser eficaces e poden orientar as políticas nacionais desde a cordialidade, desde o acordo e desde o consenso”, precisou, lembrando que o estado das autonomías baséase no principio de igualdade e de solidariedade e, polo tanto, nel non poden caber asimetrías, lamentablemente, cada vez máis insultantes e incomprensibles.
Feijóo incidiu na necesidade de recuperar tanto os lugares de encontro como a colaboración. E, a modo de exemplo, lembrou que seis comunidades autónomas de distintas cores políticas “puxémonos de acordo para estudar o sistema de financiamento das comunidades e facer unha proposta; e trouxemos á actualidade o problema demográfico do noso país”, expuxo, referíndose tamén ao acordo entre Asturias, Cantabria e Galicia para presentar alegacións conxuntas ao estatuto electrointensivo do Goberno central.
“Galicia seguirá apostando pola colaboración e a lealdade institucional”, dixo, lamentando a situación de que as comunidades estean na situación de ter que acudir aos tribunais ante a decisión do Goberno central de apropiarse de 2.500 millóns de euros da recadación do IVE que lles corresponde.
Así mesmo, referiuse aos incumprimentos dos prazos do AVE; á preocupación en sectores como o forestal e a conserva, debido á interpretación da zona marítimo-terrestre e á súa ocupación desde o punto de vista industrial; e á situación das electrointensivas, incidindo na necesidade dunha transición ordenada que dea certezas.
Sobre o naval, expuxo novamente a importancia da construción dun “barco ponte” que garanta a carga de traballo para o sector da comarca de Ferrol. E destacou tamén a preocupación sobre a negociación dos fondos europeos “nos que Galicia se xoga máis de 600 millóns de euros ao ano”, engadiu.
Ao longo da súa intervención, o presidente da Xunta recordou que Galicia superou a crise económica grazas, precisamente, ao esforzo de todos os galegos: das familias, dos autónomos, das pemes, das grandes empresas e dos empregados públicos. Un traballo conxunto, dixo, que unido á planificación fai que Galicia volva crecer novamente e que o faga a bo ritmo, como proban os últimos datos das exportacións ou os datos do sector turístico.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129