PROVINCIA
O PP reclama que se conte co sector mar-industria galego para o regulamento de costas
Deputados populares defenden este venres no pleno provincial a moción proposta polo sector
O grupo provincial do Partido Popular traslada este venres no pleno da Deputación de Pontevedra a moción proposta polo sector mar-industria galego para que o Goberno central conte con eles e coa singularidade de Galicia para elaborar a modificación do Regulamento Xeral de Costas.
O deputado provincial, Javier Tourís, destaca que o PP leva advertindo desde abril da inseguridade xurídica que xeran tano a reforma da lei de Costas que pretende acometer o Goberno do Estado, como a aplicación hiperrestritiva que está a facer da normativa vixente. De feito, recorda que esta estrita interpretación da normativa xa está a afectar a algunhas empresas que viron como a renovación da prórroga das súas concesión se producía por un tempo inferior a un ano.
“Hai moitos traballos en xogo, pero tamén moitos investimentos. Esta inseguridade desalenta para facer un plan de investimentos a medio ou longo prazo, e pode provocar un desastre se moita da industria do sector terra-mar abandona os concellos da provincia”, lamenta. Por iso, considera que é fundamental que haxa un “escenario claro e preciso para que as empresas poidan seguir coa súa actividade con normalidade”.
Denuncian que a modificación que propón o Goberno central introduce aspectos restritivos que xeran inseguridade xurídica
Na moción proposta polo propio sector, bateeiros, confrarías, granxas de cultivo de especies mariñas, depuradoras, cetarias, cocedoiros de moluscos, conserveiras e outras industrias de transformación dos produtos mariños da provincia consideran que o Goberno central queren introducir aspectos restritivos no regulamento que xeran inseguridade xurídica. Os populares apoian as reivindicacións do sector en favor da seguridade xurídica das empresas e do resto de edificacións públicas asentadas no litoral e que están en risco polas decisións do executivo central, e por iso propoñen ao pleno provincial reclamar que o Goberno teña moi presentes as singularidades de Galicia á hora de desenvolver o regulamento de Costas, xa que o que se está tramitando actualmente amosa un claro descoñecemento da realidade social de Galicia. Por iso solicitan que se elabore un estudo, con carácter previo, do impacto socioeconómico que a reforma puidera supoñer para estas empresas.
Ademais, piden que a reforma da normativa de Costas manteña o actual sistema regulatorio das concesións de ocupación do dominio marítimo-terrestre para os establecementos do complexo mar-industria alimentario, dada a súa vital dependencia da captación directa da auga do mar e, por tanto, resulta imprescindible para su funcionamento a ocupación parcial desta zona. Por último, solicitan unha mesa de análise e negociación cos sectores vinculados ao mar para acadar un acordo que permita que o proxecto teña en conta a relevancia socioeconómica do sector do mar de Galicia e as súas reinvindicacións.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149