Martes, 24 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 26 de Febrero de 2020 Tiempo de lectura:
Mos

La Vuelta partirá desde o Pazo de Mos

Un equipo da organización de La Vuelta Ciclista a España estivo esta tarde realizando alí labores de localización

Os labores de localización de etapas de La Vuelta 20 comezaron. Hoxe un equipo da organización estivo en Mos (saída da etapa 18).

 

Os membros integrantes dos equipos de produción e loxística reuníronse coa alcaldesa de Mos Nidia Arévalo, a concelleira de Cultura e Turismo mosense, Sara Cebreiro, o embaixador de La Vuelta, o ciclista mosense gañador dun Tour de Francia Óscar Pereiro, e os presidentes da Comunidade de Montes de Mos e da Fundación Pazo de Mos, de onde sairá a 18ª etapa de La Vuelta rumbo a Portugal e con meta en Porto, Matosinhos.

 

Etapa 18 > Mos > Porto, Matosinhos

O xoves 3 de setembro de 2020 terá lugar esta estapa chá de 178 km de percorrido de La Vuelta Ciclista a España.

 

Mos é unha das saídas inéditas de La Vuelta 20. A etapa ten un padriño de excepción. Óscar Pereiro, embaixador de La Vuelta, gañador do Tour de Francia 2006, é nativo de Mos.

 

[Img #60843]

Mos é un punto de paso do Camiño de Santiago Portugués. Parada previa a Pontevedra, desde Mos márchase cara ao norte, rumbo á Catedral de Santiago, onde remata o camiño do peregrino. Con todo, o pelotón tomará o rumbo oposto dirixíndose cara ao sur: Portugal.

 

Con este novo cruzamento de fronteiras, La Vuelta converterase na rolda española máis internacional da súa historia, ao pasar por catro países da Unión Europea: Holanda, España, Francia e Portugal. O percorrido da 18ª etapa bordeará a costa portuguesa, aínda que o vento non debería afectar o desenvolvemento da etapa, con previsible chegada ao sprint.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.